Saltar ao contido

Perdix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non confundir con Pérdix.

Perdix
 Nome taxon
    Perdix
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeGalliformes
FamiliaPhasianidae
SubfamiliaPerdicinae
XéneroPerdix Editar o valor en Wikidata
Brisson, 1760 Perdix Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/08ms7_ Editar o valor en Wikidata
ITIS175914 Editar o valor en Wikidata
OTT102710 Editar o valor en Wikidata
CoL63L8J Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Perdix é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que inclúe tres especies de perdices.

Estas aves están relacionadas filoxeneticamente coas pitas do monte, os paspallases e os faisáns, pero non con especies subtropicais que adoito reciben o nome de perdices, debido ao seu tamaño e morfoloxía similares.[1]

Hai representantes do xénero Perdix na maior parte da Europa e a Asia temperadas.[1]

Un membro do xénero, a charrela, foi introducida nos Estados Unidos e o Canadá con propósito cinexético.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson,[2] na súa obra Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés. A laquelle on a joint une description exacte de chaque espece, avec les citations des auteurs qui en ont traité, les noms qu'ils leur ont donnés, ceux que leur ont donnés les différentes nations, & les noms vulgaires. París: Bauche.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, Perdix, Brisson tomouno do latín perdix, voz derivada do grego antigo πέρδιξ pérdix, que era o nome da ave en que se transformou Pérdix, o sobriño de Dédalo.[3][4]

Especies e subespecies

[editar | editar a fonte]
Lámina de Perdix dauurica, por Joseph Wolf, en Proceedings of the Zoological Society of London, 1863.

Na actualidade recoñécense no xénero tres especies,[2] coas subespecies que se indican:

  • Xénero Perdix Brisson, 1760
    • Perdix dauurica (Pallas, 1811) – perdiz daúrica.[5]
      • Perdix dauurica dauurica (Pallas, 1811)
      • Perdix dauurica suschkini Poliakov, 1915
    • Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1857) – perdiz tibetana.[6]
      • Perdix hodgsoniae caraganae Meinertzhagen & A. Meinertzhagen, 1926
      • Perdix hodgsoniae hodgsoniae (Hodgson, 1857)
      • Perdix hodgsoniae sifanica Prjevalsky, 1876
    • Perdix perdix (Linnaeus, 1758) – charrela ou perdiz charrela.[7]
      • Perdix perdix armoricana Hartert, 1917
      • Perdix perdix canescens Buturlin, 1906
      • Perdix perdix hispaniensis Reichenow, 1892
      • Perdix perdix italica Hartert, 1917
      • Perdix perdix lucida (Altum, 1894)
      • Perdix perdix perdix (Linnaeus, 1758)
      • Perdix perdix robusta Homeyer & Tancre, 1883
      • Perdix perdix sphagnetorum (Altum, 1894)

Características

[editar | editar a fonte]
Lámina de Perdix hodgsoniae, por John Gould, en The birds of Asia (1850-1883).

Son aves non migratorias que habitan en campos abertos e en estepas, aínda que hoxe en día están máis asociadas ás terras agrícolas. Trátanse de perdices de tamaño mediano, con picos e patas de cor apagado (en contraste co vermello das do xénero Alectoris), coa plumaxe das partes superiores de cor parda con raias, e colas algo avermelladas; as tres especies presentan unha rechamante gran mancha parda escura, case negra ás veces, na plumaxe da rexión abdominal. Ningún dos dous sexos teñen esporóns nas patas, e o único dimorfismo sexual que presentan é que a cor plumaxe e das femias tende a ser máis apagada que a dos machos. O niño é unha lixeira escavación no solo ou na cuberta vexetal. Aliméntanse dunha gran variedade de sementes e algúns insectos completan a súa dieta.[8]

As perdices charrelas e as daúricas están moi estreitamente relacionadas e teñen unha aparencia similar, e forman unha superespecie. A perdiz tibetana ten un rechamante patrón de cara en branco e negro, a peituga negra e 16 plumas na cola, en lugar das 18 das outras especies. Ningunha das especies está ameazada a nivel global, pero as dúas perdices máis xeneralizadas (a charrela e a daúrica) son cazadas en exceso nalgunhas partes da súa área de distribución. Ademais, a charrela foi gravemente afectada polos cambios agrícolas, e a súa área reduciuse considerabelmente.[8]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

Das tres especies só unha está presente en Galicia, a charrela, onde é pouco común (estando ademais en regresión), pero que aínda se pode encontrar, a altitudes a partir dos 1 200 msnm nos Ancares e o Courel.[9]

  1. 1 2 3 Bao, X. K.; Liu, N. F.; Qu, J. Y. et al. (2010): "The phylogenetic position and speciation dynamics of the genus Perdix (Phasianidae, Galliformes)". Molecular Phylogenetics and Evolution 56: 840–847.
  2. 1 2 Perdix Brisson, 1760 no ITIS.
  3. ↑ perdiz en Etimologías de Chile.
  4. ↑ Holmes, Richard (2013). Falling Upwards: How We Took to the Air. HarperCollins. p. 1760. Consultado o 15 de xaneiro de 2019.
  5. ↑ Perdix dauurica (Pallas, 1811) no ITIS.
  6. ↑ Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1857) no ITIS.
  7. ↑ Perdix perdix (Linnaeus, 1758) no ITIS.
  8. 1 2 McGowan, P. J. K. 1994.
  9. ↑ Penas Patiño et al. 1991, p. 100.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]