Polly
Aparencia
| Polly | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nirvana | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
"Polly" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana, escrita polo vocalista e guitarrista Kurt Cobain. É a sexta canción do seu segundo álbum Nevermind, publicado por DGC Records en setembro de 1991.
A canción foi escrita sobre o secuestro, violación e tortura dunha nena de 14 anos que volvía á casa dun concerto de punk rock en Tacoma, Washington, en 1987.[1][2] O crime foi cometido por Gerald Friend.[3] Escrita desde a perspectiva do agresor, a canción esixe que o oínte se enfronte á perspectiva dun violador. Cobain falou da agresión sexual como un dos "peores crimes do mundo", dicíndolle a unha publicación en 1991 que "o que realmente hai que facer é ensinar aos homes a non violar".[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Azerrad, Michael (1993). Come as You Are: The Story of Nirvana. New York City: Doubleday. p. 321. ISBN 0-86369-746-1
- ↑ "Nirvana’s first NME cover feature from 1991: "I'm not sure how our original fans will cope"". NME (en inglés). 2011-04-05. Consultado o 2026-04-03.
- ↑ Benitez-Eves, Tina (2023-10-12). "The Meaning, and Tragic Kidnapping, Behind Nirvana's Darker 'Nevermind' Song "Polly"". American Songwriter (en inglés). Consultado o 2026-04-03.
- ↑ Kemp, Sam (2021-08-12). "The tragic events that led to Nirvana song 'Polly'". faroutmagazine.co.uk (en inglés). Consultado o 2026-04-03.