Saltar ao contido

Porqueira

Porqueira
 Nome oficial
Porqueira (gl) dende 1987
A Porqueira (gl) dende 1985 ata 1987
Porquera (es) ata 1985 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.159 (2001) rexistro civil
1.168 (2002) rexistro civil
1.130 (2004) rexistro civil
1.102 (2005) rexistro civil
1.103 (2006) rexistro civil
1.136 (2007) rexistro civil
1.136 (2008) rexistro civil
1.103 (2009) rexistro civil
1.079 (2010) rexistro civil
1.043 (2011) rexistro civil
1.005 (2012) rexistro civil
961 (2013) rexistro civil
931 (2014) rexistro civil
901 (2015) rexistro civil
859 (2016) rexistro civil
848 (2017) rexistro civil
830 (2018) rexistro civil
815 (2019) rexistro civil
823 (2020) rexistro civil
827 (2021) rexistro civil
835 (2022) rexistro civil
841 (2023) rexistro civil
832 (2024) rexistro civil
806 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   418 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   397 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   43,4 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   635 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal32... Editar o valor en Wikidata
Código INE32062 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap344587 Editar o valor en Wikidata
VIAF316735048 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h08c4 Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 170167 Galiciana: 29397 BNE: XX461731
Wikidata G:Commons C:Commons

Porqueira é un concello da provincia de Ourense, que pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 901 habitantes (1.151 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porqueirés».

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total 901 (2015)
Menores de 15 anos 35 (3.88 %)
Entre 15 e 64 anos 430 (47.72 %)
Maiores de 65 anos 436 (48.39 %)
Evolución da poboación de Porqueira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
3.058 2.899 3.104 1.952 1.130 1.103 1.043 1.005 961 931 901 859 848 830 815 823 828
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello ten 43 km² e abrangue 30 entidades de poboación repartidas en 6 parroquias. Limita ao norte con Rairiz de Veiga, ao sur con Calvos de Randín e Os Blancos, ao leste con Xinzo de Limia e ao oeste con Bande e Muíños. A capital é A Forxa, situada a 52 km de Ourense.

Dentro da comarca da Limia o concello atópase nun estreitamento entre as vertentes máis suaves da Raia Seca e o río Limia. O val do río en dirección leste a oeste é o límite setentrional do concello, encaixado entre os montes de Bande e a serra do Xurés.

A historia de Porqueira ten o seu apoxeo na Idade Media, cando existían o mosteiro de Porqueira e o castelo de Porqueira, do que só se conserva a torre. No século XII o rei Fernando II concedeulle a terceira parte da poboación ao Conde Fernando Arias da Casa de Traba.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Non se coñece a data de fundación do mosteiro de Porqueira, pero posiblemente na súa orixe fose de carácter familiar e hereditario. A mediados do século XII foi rexentado pola Orde de Cóengos Regulares de San Agostiño. En 1157 o rei Afonso VII cedeullo á catedral de Ourense.

Na primavera de 1387 foi ocupado polo duque de Lancaster, no contexto da guerra contra Pedro I iniciada en 1366. A mediados do século XV pertencía aos Benavente, e viuse envolto na revolta irmandiña.

Ao longo da Idade Moderna sufriu un proceso de ruína común a moitos outros castelos, e foron desaparecendo as edificacións, quedando só a torre. En 1837, trala creación do municipio como tal, creáronse alí as oficinas do concello de Porqueira, e máis tarde pasou a ser propiedade privada. Isto puxo en perigo a existencia da torre, que se puxo a venda como canteira de perpiaños.

Non se coñece tampouco a orixe do mosteiro de Porqueira. Consérvanse varios documentos datados entre 1181 e 1228 nos que os reis Fernando II e Afonso IX doaban parte do mosteiro á diocese de Ourense.

Posteriormente foi ocupado por monxes da orde dos Xerónimos, sendo esta a súa única sede na actual provincia de Ourense. Foi nesta época cando tivo maior esplendor. Sendo prior Jordán construíuse a igrexa e o claustro. Este prior, así como os seus sucesores, recibían os títulos de abade de San Lourenzo, prior e señor de Guía e Cartelas, e señor xurisdicional da Forxa. Tiñan a facultade de nomear xuíz ordinario e escribán para cada unha das catro entidades.

O título de prior foi conservado polo párroco de Santa María a Real de Porqueira. Un deles peiteou coa Mitra acerca dos seus dereitos e regalía, e para eximirse de visita pastoral, a Cámara decidiu a favor do prior, posto que pertencía ó padroado real.

[editar | editar a fonte]
  • O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte [1].
  • Ollos blancos, ollos negros,/ tenos a miña cadela/ para ir corre-los coellos/ nos montes de Paradela [2].
  • Baixa abaixo Castelaus, que Porqueira xa baixou, Faramiñás leva a sona, porque sempre a levou (recollida por Antón Méndez Gándara en Faramiñás. Ano 1994).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Porqueira

Paradela de Abeleda (San Xoán) | Porqueira (Santa María) | Sabucedo de Limia (San Salvador) | San Lourenzo de Abeleda (San Lourenzo) | San Martiño de Porqueira (San Martiño) | Sobreganade (San Mamede)

Lugares de Porqueira

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Porqueira vexa: Lugares de Porqueira.

  1. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.
  2. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 118. No orixinal: correlos. Refírese a San Xoán de Paradela de Abeleda, Porqueira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.