A arte (do latínars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos.
Nas primeiras décadas do século XX, Gustav Mahler era considerado un dos máis importantes directores de orquestra e de ópera do seu momento. Logo de graduarse no Conservatorio de Viena en 1878, foi sucesivamente director de varias orquestras cada vez máis importantes en diversos teatros de ópera europeos, chegando en 1897 á que daquela era considerada a máis notable, a dirección da Ópera da Corte de Viena (Hofoper). Durante os seus 10 anos na capital austríaca, Mahler —xudeu converso ao catolicismo para asegurarse o seu posto— sufriu a oposición e hostilidade da prensa antisemita. Porén, grazas ás súas innovadoras producións e á insistencia nos máis altos niveis de representación gañou o recoñecemento como un dos máis grandes directores de ópera, particularmente como intérprete das óperas de Richard WagnereWolfgang Amadeus Mozart. Posteriormente, foi director daMetropolitan Operae daNew York Philharmonic Orchestra. (Ler máis...)
Nado en Pesaro de pais músicos, seu pai trompetista e a súa nai cantante, Rossini comezou a compoñer aos 12 anos e foi educado na escola de música de Boloña. A súa primeira ópera representouse en Venecia en 1810 cando tiña 18 anos. En 1815, comprometeuse a escribir óperas e dirixir teatros en Nápoles. No período 1810-1823 escribiu 34 óperas para a escena italiana que se representaron en Venecia, Milán, Ferrara, Nápoles e outros lugares. Esta produtividade requiría un enfoque case formulado para algúns compoñentes (como as aberturas) e unha certa cantidade de autoempréstito. Durante este período produciu as súas obras máis populares, incluídas as óperas cómicas L'italiana in Algeri, Il barbiere di Siviglia e La Cenerentola, que levou á súa máxima expresión a tradición da ópera bufa que herdou de mestres como Domenico Cimarosa e Giovanni Paisiello. Tamén compuxo obras de ópera seria como Otello, Tancredi e Semiramide. Todas estas atraeron admiración pola súa innovación na melodía, cor harmónica e instrumental, e da forma dramática. En 1824, foi contratado pola Ópera de París, para a que produciu unha ópera para celebrar a coroación de Carlos X, Il viaggio a Reims (reutilizada máis tarde para a súa primeira ópera en francés, Le Comte Ory), revisións de dúas das súas óperas italianas, Le Siège de Corinthe e Mosè in Egitto, e en 1829 a súa derradeira ópera, Guillaume Tell. (Ler máis...)
Image 3
O Palacio Ducal de Mantua, onde se estreou L'Orfeo en 1607. Claudio Monteverdi (1567–1643) escribiu varias obras para a escena entre 1604 e 1643, incluídas dez no xénero, daquela emerxente, da ópera. Destas, consérvase tanto a música como o libreto de tres: L'Orfeo (1607), Il ritorno d'Ulisse in patria (1640) e L'incoronazione di Poppea (1643). Coñécense outros sete proxectos operísticos; catro foron finalizados e representados en vida do compositor, mentres que abandonou outros tres nalgún momento. Dalgunhas destas óperas perdidas sobreviviu o libreto.
A ópera xurdiu durante os inicios da carreira de Monteverdi, primeiro como entretemento cortesán tratando de revivir o teatro grego. A primeira obra coñecida en ser considerada unha ópera no sentido moderno é Dafne (1598) de Jacopo Peri, e a súa Euridice (1600) é a máis antiga que sobreviviu. Dado que Monteverdi exerceu como compositor da corte da familia Gonzaga entre 1590 e 1612, posiblemente unírase ao duque Vincenzo Gonzaga en Florencia para a estrea o 6 de outubro de 1600 de Euridice. Se ben non se coñecen as propias impresións de Monteverdi sobre a obra, o duque deuse conta do potencial desta nova forma de arte e procurou gañar prestixio patrocinándoa. Polo tanto, a finais de 1606 encargou a Monteverdi unha obra que agora é considerada como o "nacemento da Ópera Occidental", L'Orfeo, sobre un libreto de Alessandro Striggio o Novo. (Ler máis...)
Os aspectos creativos e de construción de Minecraft permítenlles ós xogadores construír elementos a partir de cubos con diversas texturas nun mundo en tres dimensións xerado por procedementos. Outras actividades do xogo inclúen a exploración, a recolección de recursos, a confección de obxectos e o combate. Dispón de varios modos de xogo, incluíndo un modo de supervivencia no que o xogador debe conseguir recursos para construír o mundo de xogo e manter a súa saúde, un modo creativo no que os recursos son ilimitados e o xogador ten a capacidade de voar, un modo de aventuras que permite xogar niveis e mapas creados por outros xogadores e un modo espectador no que os xogadores poden voar e observar o mundo pero sen interactuar con el. A versión para PC do xogo destaca pola súa comunidade de modding. (Ler máis...)
Iniciouse no ano 1107 co soterramento de Raimundo de Borgoña, conde de Galiza, e coa promesa do seu fillo o emperador Afonso VII de levar tamén os seus restos á Catedral. Este compromiso non foi cumprido por Afonso VII mais si pola súa esposa a emperatriz Berenguela, e continuado polo seu fillo Fernando II e polo seu neto Afonso VIII, reis de Galiza e León. No ano 1211, Afonso VIII oficializou definitivamente a capela rexia na cerimonia de consagración da Catedral que presidiu xunto ao seu herdeiro Fernando Afonso, sepultado tamén no panteón. (Ler máis...)
Trátase dun dos máis populares compositores de finais do século XIX e principios do século XX. A súa música, como o poema sinfónicoFinlandia e o seu xenio xogaron un importante papel na formación da identidade nacional finlandesa, sendo xunto con Johan Ludvig Runeberg, un dos finlandeses que simbolizan este nacemento a pesar de seren suecofalantes. Sibelius converteuse non só no símbolo da música finlandesa, senón tamén de todo o país, e a súa música acadou un nivel de universalidade equiparable ao dos máis grandes espíritos da música occidental. (Ler máis...)
Image 7
A Sinfonía n.º 8 en mi bemol maior de Gustav Mahler, coñecida co sobrenome de der Tausend (dos mil), é unha das obras corais de maior escala do repertorio orquestral clásico. Debido a que require unha enorme cantidade de instrumentistas e coristas, é denominada frecuentemente "Sinfonía dos mil", aínda que a obra adoita interpretarse con menos de mil intérpretes e o propio Mahler non aprobou dito sobrenome. A obra foi composta nun único período de inspiración, en Maiernigg no sur de Austria no verán de 1906. Foi a última obra que Mahler estreou en vida e acadou un grande éxito de crítica e público cando o compositor a dirixiu na súa estrea absoluta na cidade bavaresa de Múnic (Alemaña), o 12 de setembro de 1910.
A fusión da canción e a sinfonía fora unha característica das primeiras obras de Mahler. No seu período compositivo "medio" a partir de 1901, un cambio de rumbo levouno a compoñer tres sinfonías puramente instrumentais. A Oitava, que marca o final do período "medio", volta a unha combinación de orquestra e voz nun contexto sinfónico. A estrutura da obra non é convencional; en lugar de seguir a estrutura normal en varios movementos, a obra divídese en dúas partes. A primeira parte está baseada no texto latino dun himnocristián do século IX para Pentecoste, Veni Creator Spiritus (Ven, Espírito Creador) e a segunda parte é un arranxo das palabras da escena final do Fausto de Goethe. As dúas partes están unificadas por unha idea común, a da redención a través do poder do amor, unidade transmitida mediante temas musicais comúns. (Ler máis...)
Segundo Hosseini, O cazador de papaventos é unha historia da relación entre un pai e o seu fillo que enfatiza os aspectos familiares da narrativa, un elemento que continuou a empregar nos seus traballos posteriores. Os temas da culpa e da redención ocupan un lugar salientable na novela, cunha escena fundamental que amosa un acto de violencia contra Hassan que Amir non pode deter. A segunda metade do libro céntrase nos intentos de Amir de expiar esta transgresión rescatando o fillo de Hassan, máis de dúas décadas despois do suceso. (Ler máis...)
Killswitch Engage acadou certa fama trala publicación do seu álbum de 2004 titulado The End of Heartache, que acadou o número 21 da lista Billboard 200 e foi certificado como disco de ouro pola RIAA en decembro do 2007 ó acadar 500000 exemplares vendidos nos Estados Unidos. O tema homónimo deste disco, "The End of Heartache", foi nomeado a un Premios Grammy no 2005 na categoría de "Mellor Actuación de Metal". O grupo actuou en varios festivais internacionais como o Soundwave Festival, Wacken Open Air, Ozzfest, Download Festival, Rock Am Ring e Mayhem Festival entre outros, e leva máis de catro millóns de discos vendidos só nos Estados Unidos, estando considerado como un dos grupos notable dentro da escena musical do New Wave of American Heavy Metal. (Ler máis...)
Gabriel Urbain Fauré (Francés:[ɡabʁiɛl yʁbɛ̃ fɔʁe]), nado en Pamiers o 12 de maio de 1845 e finado en París o 4 de novembro de 1924, foi un compositor, pedagogo, organista e pianistafrancés. É considerado un dos compositores franceses máis destacados da súa xeración e o seu estilo musical influíu en moitos compositores do século XX. Entre as súas obras máis coñecidas destacan a Pavana, ou Réquiem, os nocturnos para piano e as cancións «Après un rêve» e «Clair de lune». Aínda que as súas composicións máis coñecidas e accesibles para o gran público son xeralmente as dos seus primeiros anos, Fauré compuxo gran parte das súas obras máis prezadas polos críticos ao final da súa carreira, nun estilo harmónica e melodicamente máis complexo.
Naceu nunha familia culta pero sen particular afección musical, e demostrou o seu talento para a composición cando apenas era un neno. Foi enviado a un colexio de música en París, onde se formou para ser organista de igrexa e director de coro. Entre os seus mentores encontrábase Camille Saint-Saëns, quen se converteu no seu amigo de por vida. Logo de graduarse en 1865, Fauré gañaba a vida de forma modesta como organista e mestre, o que lle deixaba pouco tempo para compoñer. Cando acadou o éxito e ocupou os importantes cargos de organista da igrexa da Madeleine e director do Conservatorio de París, apenas tiña tempo para compoñer; durante as vacacións de verán, retirábase ao campo para adicarse a dita tarefa. Nos seus últimos anos, Fauré foi recoñecido en Francia como o compositor francés máis importante da súa época. En 1922 rendéuselle unha homenaxe musical nacional sen precedentes en París, encabezada polo entón presidenteAlexandre Millerand. Fauré tiña algúns admiradores en Inglaterra mais a súa música, se ben era coñecida noutros países, tardou décadas en ser amplamente aceptada. (Ler máis...)
Image 12
O new wave of British heavy metal (literalmente en galego:nova onda do heavy metal británico), abreviado comunmente como NWOBHM ou N.W.O.B.H.M., foi un movemento musical de contexto nacional que tivo lugar no Reino Unido a finais dos anos 1970 e acadou unha atención internacional a comezos dos anos 1980. O xornalista Geoff Barton cuñou o termo na edición de maio de 1979 da revista musical británica Sounds para describir o xurdimento de novos grupos de heavy metal a finais da década dos anos 1970, durante un período de declive do punk rock e dominación da música new wave.
Malia abranguer estilos diversos de correntes principais e underground, a música do NWOBHM caracterizouse por tomar o heavy metal dos anos 1970 e infundirlle a intensidade do punk rock para producir cancións rápidas e agresivas. A actitude DIY dos novos grupos de heavy metal favoreceu a expansión de gravacións de produción propia cun son cru e a proliferación de discográficas independentes. As letras das cancións adoitaban tratar temas de escapismo, como a mitoloxía, a fantasía, a ciencia ficción o terror e o estilo de vida da música rock. (Ler máis...)
Image 13
Georg Friedrich Händel, nado en Halle o 23 de febreiro de 1685 e finado en Londres o 14 de abril de 1759, foi un compositor musical de orixe alemá nacionalizado inglés, considerado un dos cumes do Barroco e un dos mellores compositores da música occidental. É, na historia da música, o primeiro compositor moderno en adaptar e enfocar a súa música para satisfacer os gustos e necesidades do público, en vez dos da nobreza e dos mecenas.
Está considerado o sucesor e continuador de Henry Purcell, e marcou toda unha era na música inglesa, sendo o compositor máis importante entre Purcell e Elgar en Inglaterra. Foi o primeiro gran mestre da música baseada na técnica da homofonía, así como da ópera seria italiana e o oratorio. (Ler máis...)
Image 14
O chamado Mozart de Boloña foi copiado en 1777 en Salzburgo (Austria) por un autor descoñecido a partir dun retrato orixinal pedido para a galería de compositores de Giovanni Battista Martini en Boloña (Italia). O aspecto físico e a personalidade de Wolfgang Amadeus Mozart son obxecto de múltiples investigacións na actualidade. O feito de que non se puidesen exhumar os restos de Mozart, debido a que se descoñece o punto exacto no que se localiza a tumba comunitaria na que foi enterrado, nin se conserven máscaras ou moldes mortuorios, confire certo grao de incerteza á aparencia física do compositor. Aínda que existe un suposto cranio de Mozart, a súa autenticidade, máis que cuestionable, non se puido verificar ata o momento. Este cranio ten sido sometido a diversas probas de ADN, comparándoo cos das súas supostas sobriña e avoa materna, mais non só encontraron que o ADN do primeiro non coincidía co das súas dúas familiares, senón que os delas tampouco concordaban entre si. Así mesmo, preservouse un presunto mechón do seu pelo, tamén de dubidosa lexitimidade. Con todo, existen fontes e referencias fiables respecto tanto do seu aspecto e indumentaria como da súa personalidade. Esta información concrétase en obras plásticas, descricións e testemuños da época, que permiten facerse unha idea máis ou menos acertada de como era Mozart física e psicoloxicamente.
En relación á súa indumentaria e efectos persoais, estudos baseados en documentos como a Orde de Suspensión redactada logo da súa morte ou o rexistro dos recibos de compra de traxes, contribuíron moito a esclarecer os gustos de Mozart relativos á roupa. (Ler máis...)
Rautavaara destacou por ser un compositor prolífico, con obras de gran variedade formal e estilística que grazas á súa accesibilidade conseguiron facerse populares entre o público. As súas variadas composicións son mostra da súa propia personalidade como compositor. O recoñecemento da súa obra púxose de manifesto nos numerosos encargos que recibiu de numerosas institucións en todo o mundo. (Ler máis...)
Sandro Botticelli, nado en Florencia en 1447 e finado na mesma cidade en 1510, foi un pintorrenacentistaitaliano. O seu nome real era Allessandro di Mariano Filipepi, pero chamouse Botticelli debido a que foi aprendiz do pintor e artesán Botticello. Non se coñece demasiado da vida de Botticelli debido á falta de documentación e a que resgardou a súa vida privada. Sábese que foi acollido polos Medici e por outras prominentes familias florentinas entre 1483 e 1500. Botticcelli non asinou a maior parte dos seus cadros, polo que non podemos saber a súa orde cronolóxica máis que pola vellez da tea en que foran plasmadas as súas obras. (Ler máis...)
Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana. Kahlo naceu e morreu en Cidade de México, no seu fogar coñecido como "La casa azul". A súa obra é considerada emblemática en México pola tradición indíxena. Igualmente, é valorada polo feminismo debido á súa comprometida representación da forma e da experiencia feminina. A súa vida estivo cruzada polo infortunio dunha enfermidade infantil, a poliomielite, e por un grave accidente na súa mocidade que a mantivo prostrada durante longos períodos. De feito, chegou a someterse até a 32 operacións cirúrxicas. Levou unha vida pouco convencional, foi bisexual e entre os seus amantes atopábase Lev Trotski. A súa obra pictórica xira tematicamente en torno á súa biografía e ao seu propio sufrimento.
En 1939 expuxo as súas pinturas en Francia grazas a unha invitación de André Breton. Este tentou convencela de que eran «surrealistas», aínda que Kahlo dicía que esta tendencia non correspondía coa súa arte, xa que ela non pintaba soños senón a súa propia vida. Unha das obras desta exposición (Autorretrato-O marco, que actualmente se atopa no Centro Georges Pompidou), converteuse no primeiro cadro dun artista mexicano adquirido polo Museo do Louvre. Até entón, Frida Kahlo pintara só no ámbito privado, e custoulle admitir que a súa obra puidese ter interese xeral. Aínda que gozou da admiración de destacados pintores e intelectuais da súa época como Pablo Picasso, Vasili Kandinski, André Breton ou Marcel Duchamp, a súa obra alcanzou fama e verdadeiro recoñecemento internacional despois da súa morte, especialmente a partir da década de 1970. (Ler máis...)
É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica. Este reducido número de creacións, xunto cos seus cadernos que conteñen debuxos, diagramas científicos e reflexións sobre a natureza da pintura, constitúen un legado para as sucesivas xeracións de artistas, só igualado, salvando as distancias, unicamente por Michelangelo. (Ler máis...)
Sir Charles Spencer "Charlie" Chaplin, nado en Walworth (Londres, Inglaterra) o 16 de abril de 1889 e finado en Corsier-sur-Vevey (Suíza) o 25 de decembro de 1977, foi un actor, director de cine e compositor inglés que acadou a fama na era do cine mudo. Converteuse nunha icona mundial a través da súa personaxe "Charlot" (The Tramp en inglés, "O vagabundo"), e é considerado unha das figuras máis importantes da historia da industria do cine. A súa carreira abrangue máis de 75 anos, dende a súa nenez na época vitoriana ata un ano antes da súa morte ós 88 anos.
A súa infancia estivo marcada pola pobreza e as dificultades. Como o seu pai estaba ausente e a súa nai tiña dificultades económicas, estivo dúas veces nun hospicio antes de cumprir os 9 anos. Cando tiña 14, a súa nai foi ingresada nun hospital mental. Chaplin comezou a interpretar dende moi cedo, pasando por salóns musicais e máis tarde traballando como actor e cómico. Con 19 anos entrou na prestixiosa compañía de Fred Karno, quen o levou canda el a América. Chaplin fixo a súa primeira aparición no cine no filme de Keystone Studios, Making a Living (1914). Axiña desenvolveu a súa personaxe de Charlot e conseguiu moitos admiradores. Chaplin dirixiu os seus propios filmes dende o comezo da súa carreira, e continuou a mellorar a súa arte trasladándose ás corporacións de Essanay, Mutual e First National. En 1918, xa era unha das persoas máis coñecidas do mundo. (Ler máis...)
Dante Alighieri, nado como Durante di Alighiero degli Alighieri en maio ou xuño de 1265 e finado o 13 ou 14 de setembro de 1321, foi un escrito, poeta e filósofo, considerado por gran parte dos italianos como o seu poeta maior na Idade Media. Tamén coñecido sinxelamente como Dante, naceu e viviu gran parte da súa vida en Florencia. O seu poema, de cariz épico e teolóxico, A divina comedia, orixinalmente chamado Comedìa (en italiano moderno: Commedia) e máis tarde cristianizado como Divina por Boccaccio, é considerada a obra mestra da literatura italiana e unha dos cumes da literatura universal. É o culminar da afirmación do modo medieval de ver o mundo e a base da lingua italiana moderna.
A finais da Idade Media, a meirande parte da poesía estaba escrita en latín, e só era accesible para audiencias educadas. Porén, en De vulgari eloquentia, Dante defende o emprego das linguas vernáculas na literatura. Mesmo chegou a escribir en toscano en obras como Vita nuova (1295) e na devandita Divina Comedia. Esta escolla, malia ser pouco ortodoxa, sentou un importante precedente que outros escritores italianos como Petrarca ou Boccaccio continuarían. Como resultado, Dante tivo un papel chave no estabelecemento da lingua nacional de Italia. A relevancia de Dante tamén se estende alén do país, as súas descricións do Inferno, do Purgatorio e do Ceo serviron de inspiración para un gran número de obras de arte occidental, e son citadas como influencias nas obras de John Milton, Geoffrey Chaucer, William Shakespeare e Lord Alfred Tennyson, entre outros. (Ler máis...)
Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros. Tamén participou en diferentes filmes e series de televisión, tanto como actor coma actor de dobraxe, axudando a dar pulo ós comezos do audiovisual galego. (Ler máis...)
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.
Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel detállanse costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita. O seu valor é filolóxico, sociolóxico e literario. (Ler máis...)
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais. (Ler máis...)
José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic) ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva.
Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo. (Ler máis...)