Praia de Las Conchas
Aparencia
| Praia de Las Conchas | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons |
A praia de Las Conchas é unha praia virxe situada no noroeste da illa canaria de La Graciosa, na provincia das Palmas, España.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Con 610 m de lonxitude de fina area branca, é un dos recunchos máis visitados polos viaxeiros que buscan a tranquilidade e a beleza da paisaxe. Como está en pleno océano Atlántico, a ondada na praia adoita ser forte e algo perigosa e é recomendable extremar a precaución ao bañarse, xa que non hai ningún posto de socorrismo.
Acceso
[editar | editar a fonte]Atópase a un 5,2 km de distancia do principal núcleo de poboación da illa, Caleta de Sebo. Pódese chegar a ela camiñando, en bicicleta ou en taxi.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Situación da praia
- Vista desde Montaña Bermeja
- Vista da praia
- Vista da praia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. "Guía de Playas: Las Conchas". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2018. Consultado o 5 de marzo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia de Las Conchas |
| A Galipedia ten un portal sobre: Illas Canarias |

