Puar
| Puar | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Obra | |||||
|
Presente na obra
Dragon Ball
A lenda de Shenron, o Dragón Sagrado Dragon Ball Z Un futuro diferente Superbatalla na Terra A bela dormente do castelo do demo lista de filmes da série Dragon Ball#O Retorno de Son Goku e Seus Amigos (pt) A batalla dos deuses Dragon Ball Super As bólas máxicas Dragon Ball Z Kai O camiño cara ó máis forte Aventura mística | |||||
|
Universo ficticio
| |||||
|
Franquía
| |||||
|
Actor de dobraxe
| |||||
| Actividade | |||||
|
Ocupación
| |||||
|
Residencia
| |||||
|
Empregador/a
| |||||
|
Membro de
| |||||
| Wikidata C:Commons |
Puar (プーアル Pūaru?) é un personaxe do manga e anime Dragon Ball. Amigo inseparable de Yamcha, nun principio era un inimigo pero pasa a formar parte do grupo que acompaña a Son Goku e a Bulma na primeira busca das Bólas do Dragón. O seu nome provén dun tipo de té, Pu-erh (プーアル Pūaru, pinyin: pǔ'ěrchá?). É un ser similar a un gato azul, ten a capacidade de voar e de se converter en calquera cousa. A diferenza de Oolong, el si pode manter a forma indefinidamente.
Naceu no ano 743 da Cronoloxía de Dragon Ball. De pequeno estudou, xunto con Oolong no Nanbu Henshin Yōchien (南部変身幼稚園 Parvulario de Transformación do Sur?) onde aprendeu as súas habilidades. Despois de rematar o curso acabou como compañeiro de Yamcha cando este se adicaba a asaltar ós viaxeiros no deserto. Nun dos seus numerosos atracos, Puar volveu atoparse con Oolong e cos compañeiros deste; Son Goku e Bulma. Despois de moitos intentos de roubarlles as Bólas Máxicas, Puar uniuse, xunto con Yamcha, ó grupo de Goku e os demais. Ó longo da serie axudou moito ós seus compañeiros como cando se transformou en tesoiras e lle cortou o rabo a Goku cando este converteu en Ōzaru. Tamén demostrou a súa valía cando derrotou, xunto a Upa, a Dracula Man, un guerreiro de Uranai Baba. Ó final decidiu ir xunto con Bulma e Yamcha á cidade.
Logo na historia Puar aparece como personaxe secundario e só aparece en moi poucas ocasións (na casa do Mestre Mutenroi) ou xunto a Yamcha.