R136, formalmente coñecido coma RMC 136, é un gran cúmulo estelar[1] preto do centro do complexo de 30 Doradus (coñecido coma a Nebulosa da Tarántula), dentro da Gran Nube de Magallanes. É un cúmulo moi novo de estrelas xigantes e superxigantes, cunha idade de 1-2 millóns de anos.[1]. A maioría da súas estrelas son do tipo espectral O3,[1] con 39 estrelas deste tipo confirmadas.[1][2] E por engadidura tamén foi confirmada a existencia de varias estrelas Wolf-Rayet.[2][3]
O cúmulo R136 contén varias compoñentes.[4] A natureza da compoñente central, R136a, era inicialmente pouco clara. No pasado chegouse pensar que R136 era unha estrela hiperxigante de case 1500 masas solares, e 30 millóns de veces máis luminosa có noso Sol, cunha temperatura de 55-60.000K e con 80,50 millóns de km de diámetro. A súa natureza real foi resolta grazas a interferometría e deuse cun denso cúmulo de estrelas[5] que contiña entre outras cousas, doce estrelas moi masivas e luminosas no seu núcleo.[6] Os cálculos iniciais dábanlles a estas estrelas unhas masas entre 37 a 76 masas solares.[6] Tres estrela extremadamente luminosas (R136a1, R136a2 e R136a3) dominan o cúmulo e están separadas entre si por só 0,10 a 0,48 arcsec. Unha destas estrelas, a R136a1, é unha das estrelas máis masivas atopadas até o día de hoxe, cunhas 265 masas solares,[7] e tamén é unha das estrelas máis luminosas, unhas 8.700.000 veces máis luminosa có noso Sol.[8] R136 produce a meirande parte da enerxía que fai que a Nebulosa da Tarántula sexa visible. A masa estimada do cúmulo é dunhas 450.000 masas solares, suxerindo que no futuro se poida converter nun cúmulo globular.[9]
↑Weigelt, G.; Baier, G. (setembro de 1985). "R136a in the 30 Doradus nebula resolved by holographic speckle interferometry". Astronomy and Astrophysics150: L18–L20. Bibcode:1985A&A...150L..18W.
P.A. Crowther; L.J. Smith (1997). Department of Physics and Astronomy, University College London, ed. "Fundamental parameters of Wolf-Rayet stars / VI. Large Magellanic Cloud WNL stars". Astronomy and Astrophysics (Gower Street, London, WC1E 6BT, UK) 320: 500–524. Bibcode:1997A&A...320..500C.