Saltar ao contido

Rebecca Chiu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRebecca Chiu
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1978 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Hong Kong Editar o valor en Wikidata
EducaciónChinese University (pt) Traducir
Jockey Club Ti-I College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de squash Editar o valor en Wikidata
Deportesquash Editar o valor en Wikidata
Participou en
2010Xogos Asiáticos de 2010
2006Xogos Asiáticos de 2006
2002Xogos Asiáticos de 2002
decembro de 1998Jogos Asiáticos de 1998 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Chiu Wing Yin Rebecca, nada en Hong Kong o 24 de novembro de 1978 e coñecida como Rebecca Chiu, é unha ex-xogadora profesional de squash de Hong Kong que chegou ao posto 13º da clasificación mundial en outubro de 2007.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chiu comezou a practicar squash con nove anos na escola primaria e logo entrou no Instituto de Deportes de Hong Kong e con doce anos entrou no equipo de Hong Kong[1]. Graduouse no departamento de ciencias do deporte da Universidade Chinesa de Hong Kong no ano 2000.

Logrou o seu primeiro campionato de Campionato de Hong Kong en 1995 e de 1997 a 2008[2] foi a campioa indiscutible, ao ser a primeira en todos os campionatos nacionais. Disputou cinco finais do Campionato de Asia de Squash entre os anos 2000 e 2010 todos fronte a Nicol David, sen lograr batela. Pola contra, formou parte dos equipos de Hong Kong que en 2000 e 2010 lograron o título do Campionato de Asia de Squash por equipos.

Foi medalla de prata nos Xogos Asiáticos de 1998 logo de perder contra Nicol David mais en 2002 logrou o desquite ao vencer á malaisiana para se facer coa medalla de ouro. En 2006 enfrontáronse de novo Nicol e Chiu na final dos Asiáticos e desta volta o ouro foi para Nicol e a prata para Chiu. Nos Asiáticos de 2010 Chiu participou no equipo de Hong Kong que logrou a prata na competición por equipos.

En decembro de 2009 dirixiu o equipo de Hong Kong nos Xogos de Asia Oriental que arrasou na competición de squash con sete medallas e a propia Chiu logrou tres medallas de prata e unha de ouro[3].

Logo de se retirar da competición profesional principiou unha carreira como adestradora, recibiu premios nacionais como adestradora do ano[4] polo seu labor, e salientou o seu traballo co equipo feminino que logrou a medalla de ouro nos Xogos Asiáticos de 2019.

  1. ↑ "用汗水映照青春火花". Alumni. Universidade Chinesa de Hong Kong.
  2. ↑ "Hong Kong Champions". Hong Kong Squash.
  3. ↑ "趙詠賢轉型做兼職選手". The Sun. 24 de novembro de 2010.
  4. ↑ "Rebecca Chiu was honoured “Coach of the Year Awards” at 2018 Jockey Club Hong Kong Coaching Awards". Hong Kong Squash. 24 de abril de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]