180.943 (1968) censo 198.305 (1975) censo 194.656 (1982) censo 197.536 (1990) censo 206.229 (1999) censo 209.613 (2006) censo 208.033 (2011) censo 209.860 (2012) 211.373 (2013) 213.454 (2014) 215.366 (2015) 222.104 (2016) 216.815 (2017) censo 217.728 (2018) censo 220.488 (2019) censo 222.485 (2020) censo 225.081 (2021) censo 227.830 (2022) censo 230.890 (2023) censo
Rennes xorde entre o II e o primeiro século antes de Cristo como capital da tribo gala dos redóns. A cidade chamábase Condate. Durante a Idade Media, coa chegada dos pobos bretóns e a consolidación do ducado da Bretaña fronte o poder carolinxio e logo dos reis de Francia, Rennes confirmouse como unha das poboacións máis importantes da rexión fronteiriza do ducado, a marca da Bretaña. Após a anexión do ducado da Bretaña ó reino de Francia, Rennes converteuse nunha capital provincial e acolleu o Parlamento da Bretaña.
Trala segunda guerra mundial, Rennes aumentou fortemente a súa poboación, desenvolvendo o sector industrial (destacando a gran fábrica de Citröen) e consolidouse como importante centro educativo grazas ás súas universidades. Hoxe en día, Rennes é un centro de innovación dixital e tecnolóxico recoñecido en Francia.
En 2012, cunha poboación de 210000 habitantes (incluíndo 60000 estudantes) e 700000 habitantes na súa área urbana[1], Rennes é a décima cidade máis importante de Francia.
Rennes atópase a 308km ó oeste de París, en liña recta. Ocupa unha posición excéntrica en relación co conxunto do territorio da Bretaña, atopándose a 50km do límite oriental da rexión e a 250km da punta occidental de Finistère. A súa situación occidental en relación co resto do territorio nacional impulsouno a xogar un papel central no Arco Atlántico, unha das grandes rexións transnacionais recoñecidas pola Comisión Europea.[2]
Atópase no corazón dunha área urbana de 690000 habitantes, repartidos entre unhas 190 comunidades periurbanas. Xoga un papel crucial na economía da Bretaña moderna.
Rennes forma parte e é sede de Rennes Métropole.[3]