Saltar ao contido

Richard Harris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Harris

(1985) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Richard St John Harris Editar o valor en Wikidata
1 de outubro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Limerick Editar o valor en Wikidata
Morte25 de outubro de 2002 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
University College Hospital Editar o valor en Wikidata
Causa da mortelimfoma de Hodgkin Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBahamas Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCondado de Limerick
The Tower House (en) Traducir
Londres
Hotel Savoy (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónLondon Academy of Music and Dramatic Art
Crescent College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,85 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, actor de teatro, actor de cinema, escritor, actor, cantautor, xogador de rugby, guionista, cantante, produtor de cinema, músico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor en Wikidata - 2002 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Scranton Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWéstern e música folk Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoDunhill Editar o valor en Wikidata
Deporterugby Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAnn Turkel (1974–1982)
Elizabeth Rees-Williams (1957–1969), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosDamian Harris
 () Elizabeth Rees-Williams
Jared Harris
 () Elizabeth Rees-Williams
Jamie Harris
 () Elizabeth Rees-Williams Editar o valor en Wikidata
PaiIvan Harris Editar o valor en Wikidata
IrmánsDermot Harris Editar o valor en Wikidata
ParentesAnnabelle Wallis, sobriña neta Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0001321 Allocine: 3853 Rottentomatoes: celebrity/richard_harris Allmovie: p93538 129974 TV.com: people/richard-harris IBDB: 44267
Enciclopedia Galega Universal: 181661 BNE: XX1297371 Spotify: 30Qh39o424P9qgdHNVouvo Apple Music: 76312062 Musicbrainz: 9a976838-8e77-4065-bdbb-748d17ad773b Songkick: 81088 Discogs: 266407 WikiTree: Harris-21264 Find a Grave: 6877604 Deezer: 167513 Genius: Richard-harris Editar o valor en Wikidata

Richard St John Harris, nado o 1 de outubro de 1930 en Limerick (Irlanda) e finado o 25 de outubro de 2002 en Londres (Inglaterra),[1] foi un actor irlandés, cantante-compositor, produtor teatral, director de cine e escritor.

Como actor foi moi prolífico, e os seus papeis de maior sona foron como Rei Artur en Camelot (1967), Oliver Cromwell en Cromwell (1970) e como Albus Dumbledore en Harry Potter e a pedra filosofal (2001) e Harry Potter e a Cámara dos Segredos (2002), o seu derradeiro filme. Tamén encarnou un aristócrata británico e preso en A Man Called Horse (1970), o emperador Marco Aurelio en Gladiator (2000) e o pistoleiro inglés Bob na película de Clint Eastwood Sen perdón (1992).

Como cantante, Harris triunfou coa súa gravación de 1968 da canción de Jimmy Webb "MacArthur Park", que estivo no top ten en Gran Bretaña e os Estados Unidos. En 2020 The Irish Times publicou unha listaxe cos mellores actores de cinema irlandeses, na que Harris aparecía como o terceiro mellor.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Harris, o quinto de nove irmáns, naceu na cidade de Limerick,[3][4][5] Condado de Limerick (Munster, Irlanda), no seo dunha familia de clase media firmemente católica. Os seus pais eran John Ivan Harris e Mildred Josephine Harty Harris. Foi educado polos xesuítas no Crescent College.

Destacou polas súas virtudes no rugby chegando a xogar no Garryowen[6] e cando ía encamiñado cara a unha prometedora carreira deportiva como estrela de rugby, colleu a tuberculose e viuse obrigado a deixala práctica deportiva. Despois de recuperarse da enfermidade, Harris trasladouse a Londres co afán de se converter en director de teatro. Ó non atopar ningún curso relacionado coa súa afección, enrolouse na London Academy of Music and Dramatic Art (LAMDA) para estudar interpretación.

Sendo aínda un estudante, Harris alugou o Teatro Irving situado na West End de Londres para dirixir e producir a súa propia produción sobre a obra de Clifford Odets Winter Journey (The Country Girl). O espectáculo tivo un grande éxito pero ó rematar o financiamento tivo que abandonar o proxecto.

Despois de rematar os seus estudos na Academia, Harris uniuse á compañía de Joan Littlewood e comezou a participar en funcións das producións do West End, destacando en The Quare Fellow (1956).

Carreira cinematográfica

[editar | editar a fonte]

Debutou no cine en 1958 co filme Alive and Kicking e un ano máis tarde tivo a oportunidade de traballar co director británico Michael Anderson. A década dos 60 comezaría dun xeito excepcional coa súa achega en The Guns of Navarone e en Mutiny on the Bounty xunto con Trevor Howard e Marlon Brando.

A súa primeira aparición como protagonista sería en This Sporting Life, interpretando ó mineiro Frank Machin, papel polo que gañou a Palma de Ouro ó mellor actor no festival de Cannes e un nomeamento ós Premios Óscar.

A súa fama non parou de medrar e cada filme no que participaba tiña máis éxito que o anterior, pero sen dúbida o grande éxito mundial veu da man de A Man Called Horse.

Derradeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nos derradeiros anos da vida de Richard Harris, o actor irlandés volveu á gran pantalla con pequenos pero intensos papeis nos oscarizados Sen perdón e Gladiator.

Pola contra, será relacionado por sempre co papel de Albus Dumbledore nas dúas primeiras entregas da saga de Harry Potter. Harris morre no 2002 por mor da enfermidade de Hodgkin á idade de 72 anos, poucos meses despois da estrea de Harry Potter e a Cámara dos Segredos. Foi substituído polo tamén irlandés Michael Gambon.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoTítuloPapelNotas
1959The Iron HarpHome irlandés cegoTelevisión
1959Alive and Kicking
1959Shake Hands with the DevilTerence O'Brien
1959The Wreck of the Mary DeareHiggens
1960Beleza terribleSean Reilly
1961The Guns of NavaroneLíder do escuadrón Howard Barnsby RAAF
1961The Long and the Short and the TallEdward "Johnno" Johnstone
1962Rebelión a bordoSeaman John Mills
1963This Sporting LifeFrank Machin
1964O deserto vermelloCorrado Zeller
1965The Heroes of TelemarkKnut Straud
1965Maior DundeeCapitán Benjamin Tyreen
1966A BibliaCaín
1966HawaiiRafer Hoxworth
1967Caprice Christopher White
1967CamelotKing Arthur
1970The Molly MaguiresDetective James McParlan/McKenna
1970A Man Called HorseJohn Morgan
1970CromwellOliver Cromwell
1971BloomfieldEitan
1971The Snow GoosePhilip RhayadarTelevisión
1971Man in the WildernessZachary Bass
1973The Deadly TrackersSheriff Sean Kilpatrick
197499 and 44/100% DeadHarry Crown
1974JuggernautTte. Cmdr. Anthony Fallon
1976Echoes of a SummerEugene Striden
1976Robin and MarianRei Ricardo
1976The Return of a Man Called Horse Lord John Morgan
1976The Cassandra CrossingDoutor Jonathan Chamberlain
1977Gulliver's Travels Gulliver
1977OrcaCapitán Nolan
1977Golden RendezvousJohn Carter
1978The Wild GeeseCapitán Rafer Janders
1979RavagersFalk
1979A Game for VulturesDavid Swansey
1980The Last WordDanny Travis
1981Tarzan, o home monoJames Parker
1981Your Ticket Is No Longer ValidJason
1982Triumphs of a Man Called HorseJohn Morgan
1982CamelotRei ArturTelevisión
1984Martin's DayMartin Steckert
1984HighpointLewis Kinney
1988MaigretJules MaigretTelevisión
1988Trappola diabolica
1989King of the WindXurxo II de Gran Bretaña
1990Mack the KnifeMr. Peachum
1990The Field'Bull' McCabe
1992Xogo de patriotasPaddy O'Neil
1992Sen perdónPolicía inglés
1993Wrestling Ernest HemingwayFrank
1994Silent TonguePrescott Roe
1994AbrahamAbrahamTelevisión
1995Cry, the Beloved CountryJames Jarvis
1995The Great KandinskyErnest KandinskyTelevisión
1996Trojan EddieJohn Power
1997Savage HeartsSir Roger Foxley
1997Smilla's Sense of SnowDoutor Andreas Tork
1997The HunchbackDom FrolloTelevisión
1997This Is the Seao vello Jacobs
1998Upright Affair
1998Sibirskiy tsiryulnikDouglas McCraken
1999To Walk with LionsGeorge Adamson
1999Grizzly Fallso vello Harry
2000GladiatorMarco Aurelio
2001The PearlDoutor Karl
2001Wrestling Ernest HemingwayFrank
2001My KingdomSandeman
2001Harry Potter e a pedra filosofalAlbus Dumbledore
2002The Count of Monte CristoAbbé Faria
2002Harry Potter e a Cámara dos SegredosAlbus Dumbledore
2002Apocalypse Revelation John de PatmosTelevisión
2002The ApocalypseJohn
2002Julius CaesarLucius Sullaminiserie de televisión
2003Kaena: La prophétieOpaz
  1. ↑ "Harris, Richard St John Francis (1930–2002), actor". 2004. ISBN 978-0-19-861412-8. doi:10.1093/ref:odnb/77336.
  2. ↑ Clarke, Donald; Brady, Tara (13 de xuño de 2020). "The 50 greatest Irish film actors of all time – in order". The Irish Times. Consultado o 25 de xullo de 2020.
  3. ↑ "Overdale, 8 Landsdown Villas, Ennis Road, LIMERICK MUNICIPAL BOROUGH, Limerick, LIMERICK". Buildings of Ireland.
  4. ↑ "He was one of the most outstanding film stars of his time". Irish Independent. 27 de outubro de 2002. Consultado o 10 de decembro de 2007.
  5. ↑ Severo, Richard (26 de outubro de 2002). "Richard Harris, Versatile And Volatile Star, 72, Dies". The New York Times. Consultado o 10 de decembro de 2007.
  6. ↑ "Limerick rugby full of heroes". Wesclark.com. 24 de maio de 2002. Consultado o 8 de novembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]