Saltar ao contido

Rotemburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rotemburg
 Nome curto
    Rotenburg/Fulda (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Membro de
Localización
 Situado en
 Comparte fronteira con
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
14.411 (2015)
14.487 (2017)
14.676 (2019) actualización estatística
13.848 (2021) actualización estatística
14.066 (2022) actualización estatística
14.020 (2023) actualización estatística
12.937 (2024) actualización estatística
12.944 (2025) actualización estatística Editar o valor en Wikidata
 Superficie
79,97 km²
79,84 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   183 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal36199 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap238957 Editar o valor en Wikidata
VIAF125656303 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dpc67 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Rotemburg (oficialmente en alemán: Rotenburg an der Fulda), é unha pequena cidade do distrito de Hersfeld-Rotenburg, ao leste do Land de Hessen, Alemaña.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Casas antigas de Rotenburg á beira do río Fulda

Encóntrase situada a uns 180 msnm, á beira do río Fulda, un dos afluentes do río Weser.

A cidade atópase ao sur da cordilleira Stölzinger Gebirge, na parte máis estreita do val do Fulda. O punto máis baixo da cidade está a 180 m sobre o nivel do mar, na zona próxima ás dúas pontes que cruzan o río Fulda que unen a Cidade Vella e a Cidade Nova; estas ponte son a Alte Fuldabrücke ("Ponte vella de Fulda") e a Brücke der Städtepartnerschaften ("Ponte das asociacións da cidade"). O punto máis alto da cidade é o Alheimer de 548,7 m de altura, situado no límite da cidade de Rotenburg e a comunidade veciña de Alheim.

Ocupa unha superficie de 79,84 km2. A súa poboación, segundo o censo de 31 de decembro de 2020, era de 13 959 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 170 hab./km2.[1]

As cidades importantes máis próximas son Bad Hersfeld (a 16 km ao sur), Kassel (a 50 km ao norte) e Fulda (a 70 km ao sur).

A cidade foi a capital do Landgraviato de Hesse-Rotenburg desde 1627 a 1834. Foi incendiada durante a Guerra dos Trinta Anos polas tropas do Sacro Imperio Romano Xermánico en febreiro de 1637.[2]

Antigo distrito

[editar | editar a fonte]

En 1821 creáronse os distritos en Hessen, incluíndo os distritos de Hersfeld e de Rotenburg, que permaneceron case inalterados (excepto nun breve período despois da revolución de 1848, cando foron disoltos cando de produciu a anexión de Hessen-Kassel por Prusia e a creación do estado de Hessen. En 1972 ambos os distritos fusionáronse nun só.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]