Saltar ao contido

STS-100

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-100
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Nave
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
Datas
 Lanzamento
19 de abril de 2001 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Masa
103.506 kg engalaxe
99.742 kg aterraxe
4.899 kg carga útil Editar o valor en Wikidata
 Capacidade
   7 Editar o valor en Wikidata
 Duración
   996.840 s Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   375 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   331 km Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
   51,6 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   91,59 min Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02ptfz Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

STS-100 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 19 de abril de 2001 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-100, cos astronautas Kent Rominger (comandante), Jeffrey Ashby (piloto), Chris Hadfield (especialista de misión), Scott E. Parazynski (especialista de misión), John L. Phillips (especialista de misión), Umberto Guidoni (especialista de misión) e Iuri Lonchakov (especialista de misión) a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. Instalou o brazo robótico Canadarm 2, de 18 metros de longo e 1700 kg de peso e levou a bordo da estación 4500 kg de subministracións no contedor italiano Raffaello, tres traxes espaciais para actividades extravehiculares e unha antena UHF, entre outras cousas.[2][3][4][5]

O Endeavour acoplouse á estación ás 13:49 GMT do 21 de abril no porto PMA-2. Ás 16:00 o módulo Raffaello foi acoplado ao módulo Unity para a súa descarga. O módulo foi devolto ao transbordador o 27 e abril. Durante a súa misión tiveron lugar dúas actividades extravehiculares: na primeira, Parazynski e Hadfield instalaron a antena de UHF no módulo Destiny e despregaron e conecataron o brazo robótico canadense; na segunda, Hadfield e Parazynski fixeron conexións adicionais co brazo robótico, recolleron unha antena en desuso e deixaron nun almacenamento externo un conmutador eléctrico de reposto.[2][3][4][5]

O Endeavour desacoplouse o día 29, tras un atraso por problemas coas computadoras da estación. A nave aterrou na Base Edwards da Forza Aérea, California, o 1 de maio, ao non poder aterrar en Florida debido ao mal tempo.[2][3][4][5]

  1. ↑ "Note verbale dated 23 October 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-88239(E)). 31 de outubro de 2001: 2. Consultado o 23 de decembro de 2017.
  2. 1 2 3 4 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 100" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2017.
  3. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2017.
  4. 1 2 3 4 Mark Wade (2011). "STS-100" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2017.
  5. 1 2 3 NASA (15 de febreiro de 2010). "STS-100" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 24 de outubro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]