Saltar ao contido

STS-101

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-101
Imaxe do escudo de armas
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Nave
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
Datas
 Lanzamento
19 de maio de 2000 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Masa
100.369 kg aterraxe
1.801 kg carga útil Editar o valor en Wikidata
 Capacidade
   7 Editar o valor en Wikidata
 Duración
   853.810 s Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   332 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   319 km Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
   51,6 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   91,04 min Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02ptby Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

STS-101 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 19 de maio de 2000 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-101, con sete astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada por James D. Halsell (comandante), Scott J. Horowitz (piloto) e Jeffrey N. Williams, James S. Voss, Susan J. Helms e Iuri Usachov (especialistas de misión).[1][2][3][4][5]

O lanzamento da STS-101 atrasouse tres veces por causas meteorolóxicas. Foi o primeiro lanzamento coas novas pantallas dixitais nun transbordador espacial, xunto con outras melloras. O Atlantis acoplouse ao porto PMA-2 da estación o 21 de maio, comezando unha serie de actividades para mellorala e ampliala. Durante un paseo espacial de 6 horas e 44 minutos feito por Voss e Williams (o quinto durante a construción da ISS) sustituironse catro das seis baterías do módulo Zarya, estabilizouse a grúa Strela de 3 metros deixada nunha misión anterior, completouse a instalación dunha grúa de 15 metros no módulo Zarya e reemprezaouse unha antena defectuosa. Tamén se elevou en 32 km a altura da órbita da estación cos motores do Atlantis, aprovisonouse cunha tonelada de comida, propelente e outras subministracións e preparouse a estación para a chegada en xullo dun novo módulo, o Zvezda.[2][3][4][5]

O Atlantis aterrou no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 29 de maio de 2000.[2][3][4][5]

  1. 1 2 "Note verbale dated 2 November 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80466(E)). 25 de xaneiro de 2001: 11. Consultado o 24 de decembro de 2017.
  2. 1 2 3 4 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 101" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 24 de decembro de 2017.
  3. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2017.
  4. 1 2 3 4 Mark Wade (2011). "STS-101" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2017.
  5. 1 2 3 NASA (15 de febreiro de 2010). "STS-101" (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]