Saltar ao contido

STS-63

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-63
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Nave
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
Datas
 Lanzamento
3 de febreiro de 1995 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Masa
   8.641 kg carga útil Editar o valor en Wikidata
 Duración
   714.495 s Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   342 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   275 km Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
   51,6 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   92,3 min Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02lqyd Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

STS-63 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 3 de febreiro de 1995 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-63, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer varios experimentos a bordo, realizar observacións astronómicas e practicar aproximacións á estación espacial Mir de cara a futuros acoplamentos entre transbordadores e a estación. A tripulación estaba formada polo comandante James D. Wetherbee, a piloto Eileen M. Collins e os especialistas de misión C. Michael Foale, Janice E. Voss, Bernard A. Harris e Vladimir G. Titov.[2][3][4][5]

A máxima aproximación entre o Discovery e a Mir foi de algo máis de 10 metros. A comunicación por radio entre o transbordador e a estación estableceuse moito antes, con Titov (que habitou a estación durante un ano) podéndose comunicar cos tres cosmonautas de a bordo, Alexander Viktorenko, Elena Kondakova e Valeri Poliakov. Na STS-63 voou a primeira muller piloto do transbordador e durante a misión tivo lugar o primeiro paseo espacial dun afroamericano. A bordo tamén ía o segundo astronauta ruso en viaxar nun transbordador estadounidense. A tripulación liberou o observatorio SPARTAN-204 para facer observacións no ultravioleta e posteriormente recuperalo e traballou no laboratorio Spacehab 3, situado na bodega de carga e con 20 experimentos a bordo. Tamén liberaron seis esferas do experimento ODERACS-II para axudar na calibración de radares terrestres e caracterizar o comportamento da lixo espacial de tamaño menor a dez centímetros.[2][3][4][5]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de febreiro de 1995.[2][3][4][5]

  1. ↑ "Note verbale dated 18 July 1995 from the Alternate Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-56290T). 25 de xullo de 1995: 10. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 3 4 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  4. 1 2 3 4 Mark Wade (2011). "STS-63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 NASA (30 de decembro de 2011). "STS-63" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]