Saltar ao contido

STS-76

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-76
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Nave
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
Datas
 Lanzamento
22 de marzo de 1996 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Masa
111.740 kg engalaxe
95.396 kg aterraxe
6.753 kg carga útil Editar o valor en Wikidata
 Duración
   796.553 s Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   411 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   389 km Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
   56,1 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   92,5 min Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02lr12 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

STS-76 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 22 de marzo de 1996 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-76, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir para intercambiar equipamento, levar subministracións e facer experimentos. O Atlantis levaba o módulo Spacehab na súa bodega de carga. A tripulación estaba formada polo comandante Kevin P. Chilton, o piloto Richard A. Searfoss e os especialistas de misión Shannon W. Lucid, Linda M. Godwin, Michael R. Clifford e Ronald M. Sega.[2][3][4][5]

Esta foi a terceira misión na que un transbordador se acoplou coa Mir. Durante ela tivo lugar unha actividade extravehicular de seis horas e trasnferíronse 862 kg de equipamento e subministracións do Atlantis á Mir, incluíndo un xirodino, un transformador, baterías, comida, auga, película e roupa. Tamén se levaron a cabo varios experimentos, como o MEFC para o estudo do campo eléctrico xerado pola estación espacial e experimentos biolóxicos da ESA.[2][3][4][5]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 31 de marzo de 1996.[2][3][4][5]

  1. ↑ "Note verbale dated 4 June 1996 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-4590T). 28 de xuño de 1996: 22. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 3 4 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 76" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  4. 1 2 3 4 Mark Wade (2011). "STS-76" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-76" (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]