Saltar ao contido

SURFSAT-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SURFSAT-1
 Instancia de
Datas
 Lanzamento
4 de novembro de 1995 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Lugar de saída
Wikidata

SURFSAT-1, acrónimo de Summer Undergraduate Research Fellowship SATellite, foi un satélite estadounidense lanzado como carga secundaria nun Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 4 de novembro de 1995.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

SURFSAT-1 foi construído por estudantes e polo JPL para apoiar experimentos feitos coa Rede do Espazo Profundo da NASA. Foi deseñado para imitar sinais de naves interplanetarias e radiar nas bandas X, Ku e Ka e permitir facer prácticas ao persoal das estacións de escoita.[2][3][4]

A nave estaba formada por dúas caixas de aluminio unidas á segunda etapa do foguete lanzador. O conxunto estabilizábase por gradente gravitatorio. Un panel solar proporcionaba ata 15 vatios de potencia. Os sinais emitíanse e recibíanse mediante tres antenas omnidireccionais, mentres que tres unidades detectoras de comandos mantiñan o sistema baixo control. O control térmico realizábase de maneira pasiva e non existía nin control de actitude nin baterías.[2][3][4]

  1. ↑ "Note verbale dated 4 June 1996 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-84590(E)). 28 de xuño de 1996: 14. Consultado o 9 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 3 NASA (21 de marzo de 2017). "SURFSAT" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Surfsat 1" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2018.
  4. 1 2 3 Mark Wade (2011). "SURFSAT-1" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]