Saltar ao contido

Seattle Torrent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seattle Torrent
Fundación30 de abril de 2025
Cidade Seattle
Washington
Estados Unidos de América Estados Unidos
EstadioClimate Pledge Arena
(17 151 persoas)
LigaProfessional Women's Hockey League
CoresEsmeralda e crema
           
Na rede
https://www.thepwhl.com/en/teams/seattle-torrent
Facebook: PWHLSeattle Instagram: pwhl_torrent Editar o valor en Wikidata

O Seattle Torrent é un futuro equipo da Professional Women's Hockey League (PWHL) con sede na cidade de Seattle (Washington, Estados Unidos). O equipo anunciarase oficialmente o 30 de abril de 2025.

Fundación

[editar | editar a fonte]

Logo da PWHL Takeover Tour, unha xira de partidos de exhibición xogados en sedes neutrais en cidades do Canadá e os Estados Unidos, comezou a especularse cos posibles equipos que se unirían á competición. Unha das cidades máis sinaladas foi Seattle, que se ben non bateu un récord de asistencia na xira posúe unha boa base de afeccionados ao deporte feminino e un gran recinto que acolle partidos da NHL e da WNBA.[1]

O segredo do anuncio da primeira expansión desvelouse accidentalmente poucos días antes da presentación do outro equipo, con sede en Vancouver, cando o logotipo de ambos os dous novos equipos apareceu na sección da "tenda" no sitio web oficial da PWHL durante parte do luns 21 de abril de 2025.[2] A liga non confirmou a creación da nova franquía e simplemente anunciou un "anuncio importante relacionado co hóckey feminino en Seattle" o 30 de abril.[3]

Pavillón

[editar | editar a fonte]

Datos de asistencia

[editar | editar a fonte]
Datos de asistencia ao Climate Pledge Arena
Ano Asistencia media
2025-2612 875[4]

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Xogadoras

[editar | editar a fonte]
Hilary Knight foi a primeira capitá do Seattle Torrent.

A lenda do hóckey sobre xeo feminino estadounidense Hilary Knight é a primeira capitá do equipo do estado de Washington. Knight, capitá da selección estadounidense, chegou á nova franquía procedente do Boston Fleet, equipo do que tamén era capitá ata a súa saída no proceso de construción dos novos equipos de exansión, converténdose na primeira xogadora en asinar co equipo de Seattle.[5]

Capitás do Seattle Torrent
Nome(s) Período
Hilary Knight2025-

Eleccións na primeira rolda do draft

[editar | editar a fonte]
Eleccións na primeira rolda do draft
Ano Nome da xogadora Posto Equipo (liga) Ref
2025 Jenna Buglioni8ºOhio State (NCAA)[6]
2026 Abbey Murphy2ºMinnesota (NCAA)[7]

Adestradores

[editar | editar a fonte]
Steve O'Rourke, adestradora do equipo na tempada do seu debut na PWHL.

O 20 de xuño de 2025 anunciouse que Steve O'Rourke sería o encargado de dirixir a nova franquía de Seattle. O'Rourke, con máis de 15 anos de carreira nos banquillos, chegou a Seattle logo de ter sido cesado nos Oshawa Generals da Ontario Hockey League (OHL) en decembro de 2024.[8][9]

Adestradores do Seattle Torrent
Nome(s) Período
Steve O'Rourke2025-26

Directoras xerais

[editar | editar a fonte]

O 21 de maio de 2025 o daquela denominado PWHL Seattle anunciou que Meghan Turner sería a primeira directora xeral da franquía. Turner, antiga xogadora profesional na Canadian Women's Hockey League e posteriormente na liga da Professional Women's Hockey Players Association, chegou ao novo equipo despois de pasar as dúas tempadas anteriores como directora xeral asistente do Boston Fleet[10] A continuación todas as directoras xerais do Seattle Torrent:

Directoras Xerais do Seattle Torrent
Nome(s) Período
Meghan Turner2025-
  1. ↑ Kennedy, Ian (21 de marzo de 2025). "PWHL expected to announce Vancouver expansion team next week" (en inglés). The Hockey News. Consultado o 30 de abril de 2025.
  2. ↑ Kergin, Brendan (21 de abril de 2025). "PWHL website accidentally confirms Vancouver will have a pro women's hockey team". vancouverisawesome.com (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2025.
  3. ↑ Dreyfuss, Glenn (28 de abril de 2025). "Professional Women’s Hockey League (PWHL) To Grant Seattle Expansion Franchise" (en inglés). davyjoneslockerroom.com. Consultado o 30 de abril de 2025.
  4. ↑ Tucker, Brandon (30 de abril de 2026). "Vancouver Goldeneyes smash PWHL attendance records". theprogress.com (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2026.
  5. ↑ "Seattle Torrent name Hilary Knight as first ever captain" (en inglés). Professional Women's Hockey League. 20 de xuño de 2025. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2025. Consultado o 31 de maio de 2026.
  6. ↑ "2025 PWHL DRAFT RESULTS" (en inglés). thePWHL.com. 24 de xuño de 2025. Consultado o 31 de maio de 2026.
  7. ↑ Kennedy, Ian (18 de xuño de 2026). "2026 PWHL Draft: Pick-By-Pick Tracker". The Hockey News (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2026.
  8. ↑ "PWHL SEATTLE NAMES STEVE O’ROURKE AS FIRST-EVER HEAD COACH" (en inglés). Professional Women's Hockey League. 20 de xuño de 2025. Consultado o 31 de maio de 2026.
  9. ↑ "Generals Relieve Steve O’Rourke of Head Coaching Duties" (en inglés). Oshawa Generals. 9 de decembro de 2024. Consultado o 31 de maio de 2026.
  10. ↑ "MEGHAN TURNER NAMED GENERAL MANAGER OF PWHL SEATTLE" (en inglés). Professional Women's Hockey League. 21 de maio de 2025. Consultado o 31 de maio de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]