Shaman
| Shaman | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
Shaman é un programa (interface e infraestrutura) de KDE para a xestión de paquetes. Este programa actúa de parte intermediaria entre o usuario e o sistema de xestión de paquetes, permitindo xestionar software de distintos sistemas de xestión de paquetes coa mesma interface e similares funcionalidades. As súas funcionalidades son similares a outros xestores, coma Synaptic.
Orixe
[editar | editar a fonte]Orixinalmente Shaman era unha interface gráfica baseada en Qt4 para libalpm, a biblioteca de Pacman, que permite a instalación de paquetes de software en Arch Linux. Posteriormente, os seus desenvolvedores decidiron facer posible utilizalo xunta calquera sistema de paquetes.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Shaman está escrito en C e C++[1] cunha interface en Qt.
Aínda que o desenvolvemento de Shaman semella estar detido, continúa[2]. Nestes momentos estase a traballar na súa segunda versión, que estará baseada nun sistema de engadidos que permitirán o seu uso en calquera sistema de paquetes utilizando distintas infraestruturas.
A aplicación está internacionalizada, polo que pode ser traducida a outras linguas. Porén, aínda non se traduciu ao galego.
Funcionalidades
[editar | editar a fonte]Entre as súas características cabe salientar:
- Extensible a calquera xestor de paquetes e integrado con eles.
- Deseño simple baseado en engadidos.
- Completamente asíncrono.
- Controlable mediante o uso de guións.
Funcionalidades planeadas
[editar | editar a fonte]En versións futuras, Shaman incorporará funcionalidades coma:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "SourceForge.net: Shaman" (en inglés). Consultado o 02/05/2009.
- ↑ drf. "Shaman, libalpm frontend in Qt4 - Arch Linux Forums" (foro) (en inglés). Consultado o 02/05/2009.