Saltar ao contido

Shiyan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shiyan
 Nome curto
    SY (mul) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
Datas
 Fundación / creación
2004 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

Shiyan (en chinés tradicional: 實驗; en chinés simplificado: 实验; pinyin: Shíyàn; tradución: “Experimento”), tamén coñecidos como SY, é o nome dunha serie de satélites da República Popular da China adicados a facer diversos experimentos e probar novas tecnoloxías no espazo. Os primeiros SY lanzáronse en 2004.[1]

Shiyan 1 e 2

[editar | editar a fonte]

Shiyan 1 e 2 foron os dous primeiros satélites da serie Shiyan en ser lanzados. Os dous engalaron a bordo de foguetes Longa Marcha 2C, o primeiro o 18 de abril de 2004 e o segundo o 18 de novembro do mesmo ano. Tiñan unha masa de 204 kg e levaban un sistema experimental de imaxe dixital capaz de obter imaxes estereográficas da superficie terrestre con usos civís e militares.[2][1]

Shiyan 3 e 4

[editar | editar a fonte]

Shiyan 3 e 4 foron lanzados mediante foguetes Longa Marcha 2D o 5 de novembro de 2008 e o 20 de novembro de 2011 respectivamente. Cunha masa de 204 kg, tamén foron adicados a probar un sistema experimental de imaxe dixital.[3][1]

Shiyan 5 usaba o bus CAST 1000 e foi lanzado mediante un Longa Marcha 2D para facer probas dun sistema de sensores remotos.[4][1]

Shiyan 6 1, 2 e 3

[editar | editar a fonte]

Os tres satélites Shiyan 6 foron lanzados entre 2018 e 2021 mediante foguetes CZ-2D e CZ-4B para estudar a contorna espacial, pero non se coñecen máis detalles dos mesmos.[5][1]

Ás veces referido como Shiyan 7A e Shiyan 7B, Shiyan 7 (tamén denominado Tansuo 7) foi lanzado o 19 de xullo de 2013 mediante un CZ-4C para, unha vez en órbita, despregar un subsatélite (Shiyan 7B). O satélite principal levaba un brazo robótico e ambos satélites fixeron manobras e probas conxuntas, acoplándose e desacoplándose varias veces. A masa conxunta dos satélites era de 204 kg.[6][1]

Shiyan 9 foi lanzado a bordo do segundo CZ-7A en engalar, o 11 de marzo de 2021, para facer experimentos non determinados.[7][1]

Shiyan 10 1 e 2

[editar | editar a fonte]

O primeiro satélite Shiyan 10 foi lanzado nun Longa Marcha 3B o 27 de setembro de 2021. Aparentemente sufriu problemas no seu sistema de enerxía. Un segundo Shiyan 10 foi lanzado no mesmo tipo de foguete o 29 de decembro de 2022.[8][1]

Shiyan 11

[editar | editar a fonte]

Shiyan 11 foi lanzado a unha órbita de 489 x 502 km de altura e 97,45° de inclinación orbital o 24 de novembro de 2021 mediante un foguete Kuaizhou 1A.[9][1]

Shiyan 12 1 e 2

[editar | editar a fonte]

Shiyan 12 1 e 2 tamén foron coñecidos en conxunto como HOTS (High Orbit Test Satellite) e o seu propósito é descoñecido. Ambos foron lanzados a bordo dun CZ-7A o 23 de decembro de 2021.[10][1]

Shiyan 13

[editar | editar a fonte]

Shiyan 13 engalou a bordo dun CZ-2D o 17 de xaneiro de 2022 a unha órbita de 468 x 493 km e 97,44° de inclinación.[11][1]

Shiyan 14

[editar | editar a fonte]

Shiyan 14 foi un satélite experimental con fins descoñecidos lanzado a bordo dun Kuaizhou 1A o 24 de setembro de 2022 xunto con Shiyan 15.[12][1]

Shiyan 15

[editar | editar a fonte]

Shiyan 15 foi lanzado no mesmo foguete Kuaizhou 1A que Shiyan 14, aínda que tiñan fins distintos. Está adicado á observación da Terra para mellorar a planificación urbanística, o estudo da superficie e a prevención e mitigación de desastres naturais.[13][1]

Shiyan 16A e 16B

[editar | editar a fonte]

Shiyan 16A e 16B foron lanzados cunha misión similar á de Shiyan 15. Engalaron no mesmo foguete CZ-6 o 26 de setembro de 2022 xunto con Shiyan 17.[14][1]

Shiyan 17

[editar | editar a fonte]

Shiyan 17 ten unha misión parecida á de Shiyan 16A, 16B e Shiyan 15 e foi lanzado no mesmo foguete que os dous primeiros.[15][1]

Shiyan 19

[editar | editar a fonte]

Shiyan 19 foi lanzado cunha misión experimental descoñecida a bordo dun foguete Longa Marcha 11 o 15 de marzo de 2023.[16][1]

Shiyan 20A, 20B e 20C

[editar | editar a fonte]

Os tres satélites Shiyan 20 foron lanzados a órbita cunha misión experimental non especificada. Shiyan 20A e Shiyan 20B engalaron o 12 de decembro de 2022 a bordo dun CZ-4C, mentres que Shiyan 20C fixo o propio o 29 de outubro dese mesmo ano pero a bordo dun CZ-2D.[17][1]

Shiyan 21

[editar | editar a fonte]

Shiyan 21 é un satélite experimental con obxectivos non coñecidos lanzado a bordo dun CZ-11 o 16 de decembro de 2022.[18][1]

Shiyan 22A e 22B

[editar | editar a fonte]

Os dous satélites Shiyan 22 chegaron a órbita no mesmo foguete CZ-2D o 13 de xaneiro de 2023 coa misión de estudar novas tecnoloxías para estudar a contorna espcial.[19][1]

Shiyan 23

[editar | editar a fonte]

Shiyan 23 foi lanzado mediante un foguete CZ-4C o 11 de maio de 2024. Está adicado á monitorización da contorna espacial.[20][1]

Shiyan 24A, 24B, 24C-1, 24C-2 e 24C-3

[editar | editar a fonte]

Os cinco satélites Shiyan 24 son demostradores tecnolóxicos lanzados os dous primeiros (Shiyan 24A e 24B) nun Lijian-1 o 7 de xuño de 2023, mentres que os tres últimos o foron nun CZ-11H o 25 de decembro de 2023.[21][1]

Shiyan 25

[editar | editar a fonte]

Shiyan 25 foi lanzado a órbita o 20 de xuño de 2023 a bordo dun Longa Marcha 6 para probar novas tecnoloxías de observación da Terra.[22][1]

Shiyan 28B

[editar | editar a fonte]

O Shiyan 28B-01 foi lanzado a órbita o 3 de xullo de 2025 e o Shiyan 28B-02 o 17 de agosto dese mesmo ano, ambos a bordo de foguetes Longa Marcha 4C, como demostradores tecnolóxicos para estudar en especial cómo monitorizar a contorna espacial.[23][1]

Shiyan 29

[editar | editar a fonte]

Shiyan 29 foi lanzado o 5 de setembro de 2025 mediante un foguete Longa Marcha 3C. É un demostrador tecnolóxico para a monitorización da contorna espacial.[24][1]

Shiyan 30A, 30B, 30C e 30D

[editar | editar a fonte]

Os Shiyan 30A e 30B foron lanzados conxuntamente o 29 de setembro de 2025 mentres que os 30C e 30D o foron o 12 de marzo de 2026, os catro mediante foguetes Longa Marcha 2D. Oficialmente trátase de satélites de observación terrestre.[25][1]

Shiyan 31

[editar | editar a fonte]

Shiyan 31 foi lanzado o 13 de outubro de 2025 mediante un foguete Longa Marcha 2D como demostrador tecnolóxico para a observación da Terra.[26][1]

Shiyan 32-1, 32-2 e 32-3

[editar | editar a fonte]

Os tres satélites Shiyan 32 foron lanzados nun mesmo foguete CZ-11H o 8 de novembro de 2025 cunha misión de demostración tecnolóxica de carácter descoñecido.[27][1]

Shiyan 33

[editar | editar a fonte]

Shiyan 33 foi lanzado mediante un foguete CZ-2C o 27 de marzo de 2026 cunha misión de demostración tecnolóxica de carácter descoñecido.[28]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20][23][24][25][26] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20][23][24][25][26] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20][23][24][25][26] Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20][23][24][25][26]
Shiyan 1 18 de abril de 2004 CZ-2C Éxito
Shiyan 2 18 de novembro de 2004 CZ-2C Éxito
Shiyan 3 5 de novembro de 2008 CZ-2D Éxito
Shiyan 4 20 de novembro de 2011 CZ-2D Éxito
Shiyan 7A 19 de xullo de 2013 CZ-4C Éxito
Shiyan 7B 19 de xullo de 2013 CZ-4C Éxito
Shiyan 5 25 de novembro de 2013 CZ-2D Éxito
Shiyan 6 1 19 de novembro de 2018 CZ-2D Éxito
Shiyan 6 2 4 de xullo de 2020 CZ-2D Éxito
Shiyan 9 11 de marzo de 2021 CZ-7A Éxito
Shiyan 6 3 8 de abril de 2021 CZ-4B Éxito
Shiyan 10 1 27 de setembro de 2021 CZ-3B Éxito
Shiyan 11 24 de novembro de 2021 KZ-1A Éxito
Shiyan 12 1 23 de decembro de 2021 CZ-7A Éxito
Shiyan 12 2 23 de decembro de 2021 CZ-7A Éxito
Shiyan 13 17 de xaneiro de 2022 CZ-2D Éxito
Shiyan 14 24 de setembro de 2022 KZ-1A Éxito
Shiyan 15 24 de setembro de 2022 KZ-1A Éxito
Shiyan 16A 26 de setembro de 2022 CZ-6 Éxito
Shiyan 16B 26 de setembro de 2022 CZ-6 Éxito
Shiyan 17 26 de setembro de 2022 CZ-6 Éxito
Shiyan 20C 20 de outubro de 2022 CZ-2D Éxito
Shiyan 20A 12 de decembro de 2022 CZ-4C Éxito
Shiyan 20B 12 de decembro de 2022 CZ-4C Éxito
Shiyan 21 16 de decembro de 2022 CZ-11 Éxito
Shiyan 10 2 29 de decembro de 2022 CZ-3B Éxito
Shiyan 22A 13 de xaneiro de 2023 CZ-2D Éxito
Shiyan 22B 13 de xaneiro de 2023 CZ-2D Éxito
Shiyan 19 15 de marzo de 2023 CZ-11 Éxito
Shiyan 24A 7 de xuño de 2023 Lijian-1 Éxito
Shiyan 24AB 7 de xuño de 2023 Lijian-1 Éxito
Shiyan 25 20 de xuño de 2023 CZ-6 Éxito
Shiyan 24C-1 25 de decembro de 2023 CZ-11H Fallo
Shiyan 24C-2 25 de decembro de 2023 CZ-11H Éxito
Shiyan 24C-3 25 de decembro de 2023 CZ-11H Éxito
Shiyan 23 11 de maio de 2024 CZ-4C Éxito
Shiyan 28B-01 3 de xullo de 2025 CZ-4C Éxito
Shiyan 28B-02 17 de agosto de 2025 CZ-4C Éxito
Shiyan 29 5 de setembro de 2025 CZ-3C Éxito
Shiyan 30A 29 de setembro de 2025 CZ-2D Éxito
Shiyan 30B 29 de setembro de 2025 CZ-2D Éxito
Shiyan 31 13 de outubro de 2025 CZ-2D Éxito
Shiyan 32-1 8 de novembro de 2025 CZ-11H Éxito
Shiyan 32-2 8 de novembro de 2025 CZ-11H Éxito
Shiyan 32-2 8 de novembro de 2025 CZ-11H Éxito
Shiyan 30C 12 de marzo de 2026 CZ-2D Éxito
Shiyan 30D 12 de marzo de 2026 CZ-2D Éxito
Shiyan 33 27 de marzo de 2026 CZ-2C Éxito
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Mark Wade (2024). "SY 1,2" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2024.
  2. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 1, 2 (SY 1, 2, TS 1, 2)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  3. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 3, 4 (SY 3, 4 / TS 3, 4)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  4. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 5 (SY 5)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 6-01, 02, 03 (SY 6-01, 02, 03)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  6. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 7A, 7B (SY 7A, 7B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  7. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 9 (SY 9)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  8. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 10-01, 02" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  9. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 11 (SY 11)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  10. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 12-01, 02 (SY 12-01, 02)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  11. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 13 (SY 13)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  12. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 14 (SY 14)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  13. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 15 (SY 15)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  14. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 16A, 16B (SY 16A, 16B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  15. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 17 (SY 17)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  16. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 19 (SY 19)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  17. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 20A, 20B, 20C (SY 20A, 20B, 20C)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  18. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 21 (SY 21)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  19. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 22A, 22B (SY 22A, 22B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  20. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 23 (SY 23)" (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2024.
  21. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 24A, 24B (SY 24A, 24B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  22. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 25 (SY 25)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
  23. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 28A, 28B (SY 28A, 28B)" (en inglés). Consultado o 1 de novembro de 2025.
  24. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2025). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 29 (SY 29)" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2025.
  25. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2025). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 30A, ..., 30D (SY 30A, ..., 30D)" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2025.
  26. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2025). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 31 (SY 31)" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2025.
  27. ↑ Gunter Dirk Krebs (2025). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 32-01, 02, 03 (SY 31-01, 02, 03)" (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2025.
  28. ↑ Gunter Dirk Krebs (2026). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 33 (SY 33)" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]