Sleaford Mods
| Sleaford Mods | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
Sleaford Mods é un dúo inglés de punk electrónico formado no ano 2007 en Nottingham. O grupo está composto polo vocalista Jason Williamson e, dende 2012, o músico Andrew Fearn.[1] Son coñecidos polo seu estilo musical abrasivo e minimalista e as súas exploracións amargadas do Reino Unido da época de austeridade, da cultura, e da vida da clase obreira, entregadas co acento dos Midlands do Leste de Williamson.[2] O dúo publicou varios álbums que foron loubados pola crítica.[3][4][5]
Historia
[editar | editar a fonte]Jason Williamson naceu o 10 de novembro de 1970 e medrou en Grantham, Lincolnshire.[6] Inspirado pola subcultura mod e por fontes musicais como The Wu-Tang Clan, pasou varios anos dedicándose á música sen éxito, tanto con distintos grupos como en solitario coma cantautor. Tamén traballou como músico de sesión con artistas locais, así como con Spiritualized e Bent.[7] Andrew Fearn, nado en 1971 en Burton upon Trent, medrou nunha granxa en Saxilby, Lincolnshire.[6][8]
Williamson coñeceu a Fearn en 2009 despois de escoitalo actuar como DJ nun pequeno club de Nottingham chamado The Chameleon, onde pinchaba os seus propios temas crus e de estilo grime minimalista.[9] Sleaford Mods naceu cando Simon Parfrement, un amigo de Williamson, suxeriu que combinase as súas voces con mostras dun álbum de Roni Size.[6] O proxecto chamouse orixinalmente "That's Shit, Try Harder",[6] pero máis tarde cambiouse en referencia a Sleaford, un pobo de Lincolnshire non moi lonxe de Grantham.[8][6]
Williamson formou a banda con Simon Parfrement, con quen traballou xunto a un enxeñeiro de estudio no Rubber Biscuit Studio de Nottingham para os seus catro primeiros álbums. Parfrement deixoulle a produción da música a Andrew Fearn despois do lanzamento do álbum de 2012 Wank, o primeiro en contar con Fearn, aínda que Parfrement continúa a xogar un papel importante na banda como oseu fotógrafo e produtor audiovisual.[10][11] O 10 de decembro de 2014, Williamson publicou a colección de letras Grammar Wanker: Sleaford Mods 2007-2014,[12][13] seguida por Jason Williamson's House Party: Sleaford Mods 2014-2019 en 2019.[14]
A finais de 2014 anunciouse unha colaboración entre Sleaford Mods e The Prodigy. Xuntos gravaron o tema "Ibiza",[15] que apareceu no álbum de The Prodigy The Day Is My Enemy, publicado en marzo de 2015.
O álbum de Leftfield Alternative Light Source, publicado o 8 de xuño de 2015, tamén conta cunha colaboración con Sleaford Mods no tema "Head and Shoulders".[16] O video da canción é é un híbrido de stop-motion e animación que se estrou en agosto de 2015.[17] En xullo dese ano a banda publicou un novo álbum, Key Markets. Foi un dos 19 discos nomeados ao premio IMPALA Album of the Year.[18] En meses posteriores, a banda apareceu en dous documentais: Sleaford Mods: Invisible Britain, lanzado en 2015[19] e Bunch of Kunst. A Film About Sleaford Mods, aparecido en 2017.[20]
En 2016 Sleaford Mods deixaron Harbinger Sound e ficharon polo selo Rough Trade Records.[21] O primeiro lanzamento coa nova discográfica foi o EP T.C.R. ese mesmo ano. En 2017, tras o lanzamento de English Tapas, a banda comezou a súa primeira xira por América do Norte.[22] No ano seguinte o grupo deixou Rough Trade, o que acabou provocando o despedimento do seu representante de toda a vida (e propietario de Harbinger Records), Steve Underwood.[23]
Tras publicar Eton Alive a través do seu propio selo, Extreme Eating Records, en 2019, a banda regresou a Rough Trade. Esta renovada colaboración deu como resultado o lanzamento do recompilatorio All That Glue en 2020 e do álbum de estudio Spare Ribs en 2021, que incluía o sinxelo "Mork n Mindy", publicado o 30 de outubro de 2020 e que chegou ao número 1 da lista británica de sinxelos en vinilo.[24]
En 2019, Williamson prestou a súa voz para o tema "Talk Whiff" de Scorn, e en 2022 interpretou a Lazarus no episodio final de Peaky Blinders.[25][26] Sleaford Mods apareceu xunto con Orbital na canción "Dirty Rat", lanzada o 20 de outubro de 2022.[27]
O seu décimo segundo álbum, UK Grim, lanzouse o 10 de marzo de 2023.[28] Duante un concerto en Madrid o 3 de novembro de 2023, o dúo puxo fin de forma abrupta á súa actuación despois de que lles tirasen unha kufiya ao escenario. A banda publicou máis tarde nas redes sociais que consideraba que o lanzamento da prenda fora un intento de forzalos a "tomar partido" no conflito de Palestina.[29]
En outubro de 2025 a banda publicou "The Good Life", un sinxelo previsto como o primeiro tema do seu seguinte álbum, The Demise of Planet X.[30] Contaba coa colaboración vocal da banda Big Special, tamén das Midlands, e da actriz Gwendoline Christie.[30]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Sleaford Mods | 2007 | A52 Sounds |
| The Mekon | 2007 | A52 Sounds |
| The Originator | 2009 | A52 Sounds |
| S.P.E.C.T.R.E. | 2011 | Deadly Beefburger Records |
| Wank | 2012 | Deadly Beefburger Records |
| Austerity Dogs | 2013 | Harbinger Sound |
| Divide and Exit | 2014 | Harbinger Sound |
| Key Markets | 2015 | Harbinger Sound |
| English Tapas | 2017 | Rough Trade Records |
| Eton Alive | 2019 | Extreme Eating Records |
| Spare Ribs | 2021 | Rough Trade Records |
| UK Grim | 2023 | Rough Trade Records |
| The Demise of Planet X | 2026 | Rough Trade Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Harris, John (2014-07-17). "Sleaford Mods: 'Most days I'd only have enough money for a Mars bar and a can of Special Brew'". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-06-29.
- ↑ "Sleaford Mods take aim at Boris on new album". The Independent (en inglés). 2015-06-25. Consultado o 2020-06-29.
- ↑ "Sleaford Mods | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-06-29.
- ↑ "Sleaford Mods: Divide and Exit". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-06-29.
- ↑ "Features: the latest articles, interviews, and round-ups from Norman Records (UK).". www.normanrecords.com. Consultado o 2020-06-29.
- 1 2 3 4 5 Harris, John (2014-07-17). "Sleaford Mods: 'Most days I'd only have enough money for a Mars bar and a can of Special Brew'". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2026-10-30.
- ↑ "Unity Crescent – Electronica & Breakbeat Music". SoundClick (en inglés). Consultado o 2026-10-30.
- 1 2 ""I swear too much but I can't help it" - the Sleaford Mods interview". nottinghampost.com. Archived from the original on 29 de setembro de 2014. Consultado o 30 de outubro de 2026.
- ↑ O’Hagan, Sean (2015-07-05). "Sleaford Mods: ‘The thing is, there really is no future for a lot of people out there’". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2026-10-30.
- ↑ "Wank, by Sleaford Mods". Sleaford Mods. Consultado o 2026-10-30.
- ↑ "Don't Suffer The Bullshit: Here's Sleaford Mods". Sabotage Times. Archived from the original on 25 de xuño de 2014. Consultado o 30 de outubro de 2026.
- ↑ Harris, John (2015-03-18). "Grammar Wanker: Sleaford Mods 2007‑2014 by Jason Williamson – review". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2026-10-30.
- ↑ Williamson, Jason (2014). Grammar Wanker: Sleaford Mods 2007-2014. Bracketpress. ISBN 978-0-95661-844-3
- ↑ Williamson, Jason (2019). Jason Williamson's House Party: Sleaford Mods 2014-2019. Bracketpress. ISBN 978-1-99967-406-9
- ↑ "The Prodigy and Sleaford Mods record new track 'Ibiza'". NME (en inglés). 2014-10-13. Consultado o 2026-10-30.
- ↑ "Leftfield are releasing a new record « Loud And Quiet". www.loudandquiet.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 2026-10-31.
- ↑ "Leftfield and Sleaford Mods share new video for 'Head And Shoulders'". Never Enough Notes (en inglés). 2015-08-06. Consultado o 2026-10-31.
- ↑ "“VESTIGES & CLAWS” BY JOSÉ GONZÁLEZ WINS IMPALA ALBUM OF THE YEAR AWARD - IMPALA". www.impalamusic.org (en inglés). 2016-02-29. Consultado o 2026-10-31.
- ↑ "Watch the trailer for Sleaford Mods' Invisible Britain". The Guardian (en inglés). 2015-09-21. ISSN 0261-3077. Consultado o 2026-10-31.
- ↑ Bradshaw, Peter (2017-04-20). "Bunch of Kunst review – Sleaford Mods film rips Austerity Britain a fresh one". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2026-10-31.
- ↑ "Sleaford Mods Sign To Rough Trade". NME (en inglés). 2016-02-25. Consultado o 2026-10-31.
- ↑ "Everyone Wants To Talk To The Sleaford Mods About U.S. Politics". TIDAL Magazine (en inglés). 2017-04-03. Consultado o 2026-10-31.
- ↑ "Interview". www.ox-fanzine.de (en alemán). Consultado o 2026-10-31.
- ↑ "Official Vinyl Singles Chart on 27/11/2020". officialcharts.com. Consultado o 31 de outubro de 2026.
- ↑ "Peaky Blinders - Lock and Key". imdb.com. Consultado o 31 de outubro de 2026.
- ↑ "Sleaford Mods' Jason Williamson makes cameo in ‘Peaky Blinders’ finale". NME (en inglés). 2022-04-04. Consultado o 2026-10-31.
- ↑ "Orbital, Sleaford Mods - Dirty Rat" (en inglés). 2022-10-20. Consultado o 2026-10-31.
- ↑ "Sleaford Mods on ‘UK Grim’: “It'll strike a chord with people at their wit’s end”". NME (en inglés). 2023-01-17. Consultado o 2026-10-31.
- ↑ "Sleaford Mods cut gig short after Palestinian flag thrown on stage: "Don't ask me to pick sides"". NME (en inglés). 2023-11-04. Consultado o 2026-10-31.
- 1 2 "Sleaford Mods on therapy and new album ‘The Demise Of Planet X’: “There’s nothing wrong with critique, but I took it to an extreme”". NME. Archived from the original on 26 de novembro de 2025. Consultado o 31 de outubro de 2026.