Slothrust
| Slothrust | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Slothrust é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 2010 en Boston, Massachusetts. O grupo está composto pola vocalista e guitarrista Leah Wellbaum e o baixista Kyle Bann. Ata a data leva publicados seis álbums de estudio.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Leah Wellbaum e Will Gorin comezaron a colaborar cando eran estudantes no Sarah Lawrence College.[2] Despois de tocar en varios grupos do colexio, os dous uníronse para crear música cun son máis "pesado".[3]
O nome Slothrust xurdiu como unha combinación do anterior proxecto de Wellbaum, "Slothbox", e "rust" (ferruxe) para significar o paso do tempo.[3]
Feels Your Pain e Of Course You Do
[editar | editar a fonte]A banda publicou o seu álbum de estrea, Feels Your Pain, en maio de 2012.[4] Este incluía o sinxelo principal "7:30 AM". A canción acabaría sendo o tema de apertura da serie de televisión de FX You're the Worst.
En novembro, Slothrust colaborou con Wreckroom Records para gravar unha versión de "Happy Together" de The Turtles.[5]
O 18 de febreiro de 2014, Slothrust publicou o seu segundo álbum, Of Course You Do, a través do selo Ba Da Bing Records.[6]
Everyone Else
[editar | editar a fonte]O 7 de xullo de 2016 anunciouse que Slothrust asinara coa discográfica Dangerbird Records.[7]
A banda estreou varios temas que levaron ao lanzamento do seu terceiro álbum de estudio, Everyone Else. O seu primeiro sinxelo, "Horseshoe Crab", estreouse a través de Noisey o 10 de agosto de 2016 e foi descrito como "unha historia escura sobre o amor, a perda, o feito de medrar, a depresión e a ansiedade existencial".[8] Máis tarde, Slothrust compartiu "Like a Child Hiding Behind Your Tombstone" e "Horseshoe Crab".
Everyone Else lanzouse o 28 de outubro de 2016.[9] O disco foi descrito como menos colérico e moi relacionado cos soños e coa auga: "Of Course You Do, así como o anterior, Feels Your Pain, son un pouco máis coléricos. Cando escribes cancións nunha etapa máis temperá da túa vida, dependendo de onde esteas, a probabilidade de que sexan máis angustiosas é maior", explicou Wellbaum á Out Magazine. "Non creo que este disco sexa colérico do mesmo xeito. Fai máis preguntas... [Everyone Else] deixa espazo para a interpretación e para as preguntas. E o novo disco trata moi especificamente sobre a auga e os soños, dun xeito que os dous primeiros non o facían".[10]
Co gallo do lanzamento de Everyone Else, a banda anunciou unha xira coa banda Highly Suspect no outono de 2016.[7] Ademais, a banda celebrou o novo álbum cun concerto como cabeza de cartel no que esgotaron as entradas na tenda de música/sala de concertos Rough Trade de Brooklyn o 1 de novembro.[11] A banda interpretou Everyone Else na súa totalidade, ademais de varios temas favoritos dos fans como "7:30 AM", "Crockpot" e "Homewreck Wifey".
A banda pasou a maior parte do ano 2017 xirando, inclúndo xiras cabeza de cartel polos Estados Unidos en marzo, xullo e agosto. O grupo tamén actuou no festival Lollapalooza de Chicago. O 3 de agosto de 2017 anunciouse que Slothrust estaría de xira polo Reino Unido no outono con Manchester Orchestra.[12]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Feels Your Pain | 2012 | Ba Da Bing! Records |
| Of Course You Do | 2014 | Ba Da Bing! Records, Burger Records |
| Everyone Else | 2016 | Dangerbird Records |
| The Pact | 2018 | Dangerbird Records |
| Parallel Timeline | 2021 | Dangerbird Records |
| What They Grow in the Garden | 2026 | Equal Vision Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Slothrust". Discogs (en castelán). Consultado o 2020-02-01.
- ↑ "In De Goot". www.indegoot.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2017. Consultado o 2026-09-19.
- 1 2 "Slothrust Descends on Eclectic – The Wesleyan Argus" (en inglés). Consultado o 2026-09-19.
- ↑ "Feels Your Pain de Slothrust". slothrust.bandcamp.com. Consultado o 2026-09-19.
- ↑ "SLOTHRUST - Happy Together". 2012-11-20. Consultado o 2026-09-19.
- ↑ "Of Course You Do de Slothrust". slothrust.bandcamp.com. Consultado o 2026-09-19.
- 1 2 "Slothrust Sign to Dangerbird Records & Announce Fall Tour with Highly Suspect". Dangerbird Records (en inglés). Consultado o 2026-09-19.
- ↑ Domenighini, Annalise (2016-08-10). "Quench Your Thirst for More Slothrust with Their New Video for "Horseshoe Crab"". VICE (en inglés). Consultado o 2026-09-19.
- ↑ "Everyone Else de Slothrust". slothrust.bandcamp.com. Consultado o 2026-09-19.
- ↑ Whalen, Natalie. "Slothrust's Leah Wellbaum Talks Moving Past the Angst, Announces Tour Dates". www.out.com (en inglés). Consultado o 2026-09-19.
- ↑ "Slothrust comes back to Brooklyn". NYlive (en inglés). 2017-03-08. Consultado o 2026-09-19.
- ↑ "Slothrust to join Manchester Orchestra on UK dates". www.punktastic.com. Consultado o 2026-09-19.