Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Sohag (árabe:سوهاج, tamén coñecida como Sawhāj, Suhag e Suhaj,[1] é unha cidade de Exipto localizada na beira oeste do río Nilo. É a capital da Gobernación de Sohag dende 1960. Antes diso, a capital foi a cidade de Girga e o nome da gobernación era Gobernación de Girga. Tamén incluía a Gobernación de Esna (na actualidade Gobernación de Qena).[2]