Saltar ao contido

Solar Mesosphere Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Solar Mesosphere Explorer
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Lanzamento
6 de outubro de 1981 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Lugar de saída
Fontes e ligazóns
Freebase/m/03c62h_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Solar Mesosphere Explorer, coñecido tamén polo seu acrónimo SME e como Explorer 64, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 6 de outubro de 1981 mediante un foguete Delta 2310 desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de SME foi estudar a creación e destrución do ozono na mesosfera terrestre e na estratosfera superior, relacionándoo co fluxo de luz solar ultravioleta e coa temperatura en ditas capas atmosféricas. Tamén investigou a relación entre o ozono e o vapor de auga e o dióxido de nitróxeno.[1][2][4][3]

O satélite, pertencente ao programa Explorer, estabilizábase mediante xiro a 5 r.p.m., co eixo de xiro perpendicular ao plano orbital, e estaba situado nunha órbita heliosincrónica. Tiña forma de cilindro de 1,7 m de alto e 1,25 m de diámetro e estaba composto por dous módulos: o módulo de observación, cos instrumentos científicos, e o bus da nave, cos sistemas de enerxía, propulsión e comunicacións. O sistema de mando e control podía executar comandos tanto en tempo real como almacenados na memoria do satélite. A enerxía era proporcionada por células solares que alimentaban unha batería de níquel-cadmio.[1][2][4][3]

Como instrumentos, SME levaba a bordo un espectrómetro solar ultravioleta, un espectrómetro no ultravioleta para o ozono, un radiómetro infravermello, un espectrómetro para lonxitudes de onda de 1,27 micrómetros e un espectrómetro para o dióxido de nitróxeno, así como un detector de protóns solares para o rango entre 30 e 500 MeV.[1][2][4][3]

Tódolos instrumentos da nave foron apagados en decembro de 1988 por problemas de enerxía a bordo. O contacto co satélite perdeuse o 14 de abril de 1989 despois dun fallo coa batería e reentrou na atmosfera terrestre o 5 de marzo de 1991.[1][2][4][3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 5 NASA (21 de marzo de 2017). "SME" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2017.
  2. 1 2 3 4 5 "Note verbale dated 17 December 1981 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (82-00378). 7 de xaneiro de 1982: 3. Consultado o 14 de agosto de 2017.
  3. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: SME" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2017.
  4. 1 2 3 4 Claude Lafleur (2017). "SME / Solar Mesosphere Explorer" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2017. Consultado o 14 de agosto de 2017.