Saltar ao contido

Southern Highlands

Southern Highlands
 Nome orixinal
    Southern Highlands Province (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
Imbongu (en) Traducir
Odoodee (en) Traducir
Lingua aimele Editar o valor en Wikidata../... 27+
 Moeda
Localización
 Situado en
 Situado na entidade estatística
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   510.245 (2011) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   15.098 km² Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+10:00 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap311770 Editar o valor en Wikidata
VIAF133761791 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/062h68 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Southern Highlands, ou Highlands Meridionais, é unha das divisións administrativas do Estado Independente de Papúa-Nova Guinea. A capital da provincia é a cidade de Mendi.

Segundo o censo do ano 2000, tiña 546.265 habitantes. Considerando a superficie do territorio, que é duns 23.800 km², dá unha densidade de poboación de 23 habitantes por quilómetro cadrado.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A provincia pode dividirse en catro rexións xeográficas distintas:

  • 1. Occidente: que inclúe os distritos de Tari, Koroba, Kopiago e Komo; lar dos pobos huli, duna e hewa.
  • 2. Centro: que inclúe os distritos de Margarima, Nipa, Mendi e o Val de Lai, e é lar dos falantes do dialecto heneng anggal.
  • 3. Oriente: que inclúe os distritos de Kagua, Ialibu, Pangia e Erave, e é lar dos falantes de imbongu, kewa e wiru, e é onde se atopa a segunda montaña máis alta de Papúa-Nova Guinea, o monte Giluwe.
  • 4. Terras Baixas: que se estende por toda a parte sur da provincia, cos picos volcánicos do monte Bosavi e os depósitos de petróleo do Lago de Kutubu, e inclúe os grupos lingüísticos do biami, compartido coa Provincia Occidental, o foe e o fasu.

Distritos

[editar | editar a fonte]

Esta provincia subdivídese en varios distritos, a saber:

  • Ialibu-Pangia
  • Imbonggu
  • Kagua-Erave
  • Komo-Magarima
  • Koroba-Kopiago
  • Mendi-Munihu
  • Nipa-Kutubu
  • Tari-Pori