Saltar ao contido

Sundbyberg

Sundbyberg
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Ör (en) Traducir
Ursvik (en) Traducir
Storskogen (en) Traducir
Rissne (en) Traducir
Lilla Alby (en) Traducir
Kymlinge (en) Traducir
Hallonbergen (en) Traducir
Duvbo (en) Traducir
Central Sundbyberg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Retrouso
där staden är som bäst (sv)
where the city is at it’s best (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua oficial
 Forma xurídica
 Cargo dirixente
Implicados
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1971 reforma municipal sueca de 1971 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Sundbybergs stad (en) Traducir (1927 - 1970) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
43.192 (2014) rexistro de poboación en Suecia
48.593 (2017)
49.018 (2017)
49.424 (2017)
49.598 (2018)
49.910 (2018)
50.205 (2018)
50.564 (2018)
50.953 (2019)
51.308 (2019)
51.925 (2019)
52.414 (2019)
52.823 (2020)
52.771 (2020)
52.669 (2020)
52.801 (2020)
53.056 (2021)
53.385 (2021)
53.303 (2021)
53.564 (2021)
53.802 (2022)
54.099 (2022)
54.202 (2022)
54.070 (2022)
54.425 (2023)
55.102 (2023)
55.439 (2023)
55.912 (2023)
56.086 (2024)
56.074 (2024)
56.295 (2024)
56.274 (2024)
56.694 (2025)
56.846 (2025)
56.866 (2025)
57.000 (2025)
57.197 (2026)
57.145 (2026)
57.253 (2026) Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
2.825 (2017)
2.975 (2018)
3.225 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
8,8 km²
8,69 km² terra
0,1 km² corpo de auga
8,79 km²
0,11 km² corpo de auga Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap398039 Editar o valor en Wikidata
VIAF149079837 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ylnd Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Teléfono
+46-8-706-80-00 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: sundbyberg.se Instagram: jobba_i_sundbybergsstad LinkedIn: sundbybergs-stad Youtube: UC4sTaSNRBfzTnP2MxW3M-mQ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Sundbyberg é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A administración municipal atópase no distrito de Hallonbergen, a onde se trasladou a casa do concello en outubro de 2013 dende a praza de Sundbyberg.[2] As áreas densamente poboadas do concello están integradas na área urbana de Estocolmo. Sundbyberg é o concello con menor superficie de toda Suecia, e á súa vez é o de maior crecemento de poboación.

O municipio está no sur do landskap de Uppland e está formado principalmente por áreas que no pasado eran parte das parroquias de Bromma e Spånga, no härad de Sollentuna. Limita ao sur, oeste e norte co municipio de Estocolmo, ao norte tamén co de Sollentuna e ao leste co de Solna, todos no condado de Estocolmo.

A mediados do século XIX Sundbyberg era un pobo agrícola no rural formado por unhas poucas propiedades. Estas pertencían a Anders Petter Löfström (1831-1909), que mercou o terreo en 1863. Löfström vivía na granxa Sundbyberg e é considerado o fundador da localidade.[3]

Cara a década de 1870 a industria aumentara en Estocolmo e moitos habitantes do rural sueco mudáranse á capital en busca de traballo. Debido a este feito existía unha gran necesidade de vivendas e Löfström decatouse de que os terreos agrícolas de Sundbyberg poderían ter un novo uso. En 1876 vendeu os seus primeiros terreos para a liña de ferrocarril Estocolmo-Västerås-Bergslagen.[3]

En 1877 completouse o edificio da estación no centro de Sundbyberg e ese mesmo ano Löfström comezou a dividir os terreos en soares. Dende novembro de 1877 ata xaneiro de 1878 vendéronse máis de 40 soares de entre 440 e 880 metros cadrados. Para que as familias traballadoras puidesen ter cartos para pagar unha vivenda os prezos dos soares mantivéronse baixos.[3]

Co tempo Sundbyberg comezou a industrializarse, construíndose fábricas e talleres entre os edificios residenciais. A poboación da localidade medrou nalgo máis de 1 000 habitantes en dez anos.[3]

Sundbyberg comezou a colller forma como unha localidade de clase traballadora, onde as profesións dominantes eran as de albanel e traballador industrial. A localidade era un pequeno centro comecial para a zona e labregos dos arredores vendían alí os seus produtos. Coa rápida expansión Sundbyberg independizouse de Bromma, nacendo en 1888 o köping de Sundbyberg.[3]

Sundbyberg fíxose coñecido durante os seus primeiros anos polos seus ölkaféer (cervexerías), as súas rúas enlamadas, o seu forte brandy e as súas acaloradas asembleas municipais. A localidade medrou e establecéronse industrias nos suburbios, entre elas Sieverts Kabelverk e Marabou.[3]

No ano 1927 Sundbyberg converteuse na cidade número 113 de Suecia, aínda que íncluía tan só a parte máis antiga ao redor do ferrocarril. Sundbyberg foi medrando e no ano 1949 incorporáronse á cidade Lilla Alby, Lilla Ursvik, Ör, Hallonbergen, Rissne e Brotorp.[3]

En 1949 o barrio de Duvbo foi transferido á cidade de Sundbybergs dende o concello de Spånga. O barrio de Storskogen construíuse con edificios de apartamentos nos anos 50, o de Ör nos 60, e o de Hallonbergen nos 70. Nos anos 80 comezou tamén a construírse Rissne e na década dos 2000 Stora Ursvik, o último distrito do concello en construírse.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

O aparentemente pequeno concello de Sundbyberg ten dous tipos de paisaxe completamente distintos. A parte sur do municipio está densamente poboada e ten unha paisaxe de val de fractura (sprickdalslandskap). Alí hai unha rica fauna de aves ao redor do lago Lötsjön. A parte norte está dominada por unha chaira arcillosa, a través da cal flúe o Igelbäcken, famoso pola súa poboación do raro peixe barbatula barbatula. No norte tamén se atopa a área de Kymlinge, rica en aves, ncluídas rapaces.[4]

  1. ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-08.
  2. ↑ "Kommunhus flyttar till Hallonbergen". Lokalnytt (en sueco). Consultado o 2022-08-08.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 "Historia". www.sundbyberg.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2020. Consultado o 2022-08-12.
  4. ↑ "Sundbyberg - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2022-10-01.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]