Syd Barrett
(1967) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de xaneiro de 1946 Cambridge |
| Morte | 7 de xullo de 2006 Cambridge |
| Causa da morte | cancro de páncreas diabetes mellitus |
| Educación | Colexio de Artes Camberwell (1964–) Hills Road Sixth Form College (en) Universidade de Anglia Ruskin (pt) Cambridgeshire High School for Boys (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | guitarrista, poeta, cantante, cantautor |
| Período de actividade | 1964 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música rock, rock psicodélico, psych folk (pt) |
| Instrumento | Guitarra, Banjo, ukelele, Mandolina, slide, piano e voz |
| Selo discográfico | EMI Capitol Records Harvest Records |
| Sitio web | sydbarrett.com |
Roger Keith "Syd" Barrett, nado o 6 de xaneiro de 1946 en Cambridge e finado o 7 de xullo de 2006 no mesmo lugar, foi un guitarrista, cantante e compositor británico cofundador da banda Pink Floyd en 1964 na que permaneceu ata 1968 substituído por David Gilmour. Ata a súa marcha foi o líder e principal compositor do grupo, sendo coñecido polo seu singular estilo psicodélico e pola súa escritura baseada no fluxo de conciencia.[1] Como guitarrista, exerceu unha grande influencia grazas ao seu estilo de interpretación libre e ao uso de efectos como a disonancia, a distorsión, o eco e o feedback.
Barrett mantívose activo musicalmente durante algo máis de dez anos. Con Pink Floyd gravou os tres primeiros sinxelos, o seu álbum de debut, The Piper at the Gates of Dawn (1967), parte do seu segundo álbum, A Saucerful of Secrets (1968), e varias cancións que non se publicarían ata máis tarde. Deixou o grupo en abril de 1968, en medio de especulacións sobre unha enfermidade mental e o seu consumo de drogas psicodélicas. Ao ano seguinte, Barrett iniciou unha breve carreira en solitario co sinxelo "Octopus", ao que seguiron os álbums The Madcap Laughs (1970) e Barrett (1970), gravados coa colaboración de Pink Floyd e Soft Machine.[2]
En 1974, Barrett deixou a industria musical, retirouse da vida pública e preservou a súa privacidade ata a súa morte. Continuou a pintar e dedicouse á xardinería. Pink Floyd gravou varias homenaxes, incluíndo a suite de cancións de 1975 "Shine On You Crazy Diamond" e partes da ópera rock de 1979 The Wall. En 1988, EMI publicou, coa aprobación de Barrett, un álbum con temas inéditos e descartes titulado Opel. En 1996, Barrett foi incluído no Rock and Roll Hall of Fame como membro de Pink Floyd. Faleceu de cancro de páncreas en 2006.
Biografía
[editar | editar a fonte]A primeira banda na que entrou Syd Barrett foi en 1961, na Geoff Mott and the Mottoes, despois estivo en The Hollering Blues en 1962 e en 1963 en Those Without, todas bandas do seu Cambridge natal, de curta vida e pouca transcendencia.
Os dous primeiros sinxelos de Pink Floyd, Arnold Layne e See Emily Play, así como o primeiro álbum The Piper at the Gates of Dawn (1967) fixéronse baixo a influencia de Barrett. Durante o seu tempo con Pink Floyd Syd Barrett comezou a experimentar coas drogas, especialmente o LSD, tensando a relación cos outros membros da banda, pesando tamén a presión por manter o nivel despois dos primeiros éxitos comerciais do grupo, e despois dunha xira desastrosa polos Estados Unidos a banda decidiu integrar a David Gilmour, antigo compañeiro de instituto de Syd, como segundo guitarrista para cubrir a Syd pero a situación non durou moito, o último concerto cos cinco membros foi o 20 de xaneiro de 1968 en Hastings, a separación oficial de Syd e os Pink Floyd foi o 6 de abril de 1968.
Syd intentou realizar unha carreira en solitario pero fallou despois de só dous álbums polo aumento do consumo de drogas que o conduciron a un comportamento caótico e á letarxia, as súas últimas gravacións de estudio datan de novembro de 1974, Syd viviu desde entón completamente retirado na súa casa de Cambridge ata a súa morte, en 1998 detectáronlle diabetes mellitus tipo 2.
Músico e compositor
[editar | editar a fonte]Syd Barrett está na historia da música como un compositor xenial, Syd tiña a habilidade para compoñer cancións curtas e cativadoras cunha melodía e harmonía infrecuente e con efectos electrónicos na onda do rock psicodélico. Ademais, Syd Barrett participou na innovadora conexión de música rock e efectos visuais. Baixo o seu liderado, Pink Floyd desenvolveu o primeiro espectáculo con efectos de luz. Syd Barrett escribiu case todas as cancións do primeiro álbum de Pink Floyd, a súa música recibiu diversas influencias, pezas como . As súas músicas son diversas influencia musicais xuntos. Pezas como "Matilda Mother" teñen a súa inspiración en antigas cancións infantís, "Here I Go" ten semellanzas coas cancións de Music Hall. A máis famosa peza de Barrett é "Astronomy Domine" usa un acorde infrecuente (E Eb G A), esta progresión xunto co uso dunha máquina de eco Binson para a guitarra deulle un moi distintivo carácter psicodélico.
Despois da separación de Pink Floyd Barrett continuou con dous álbums en solitario "The Madcap Laughs" e "Barrett", demostrando a súa forza como compositor, cancións como "Golden Hair" ou "Happy Together" están entre as súas mellores.
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Pink Floyd
[editar | editar a fonte]- The Piper at the Gates of Dawn, 1967
- A Saucerful of Secrets, 1968
Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- The Madcap Laughs, 1970
- Barrett, 1970
- ↑ Reed, Ryan (2013-06-29). "How Pink Floyd Carried on With 'A Saucerful of Secrets'". Ultimate Classic Rock (en inglés). Consultado o 2026-10-08.
- ↑ "Syd Barrett — Biography, Discography, Albums & Expert Reviews". AllMusic (en inglés). Consultado o 2026-10-08.