Syms Covington
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1816 |
| Morte | 19 de febreiro de 1861 Nova Gales do Sur |
Syms Covington (1816–1861) foi un violinista e grumete no barco HMS Beagle que se converteu en asistente de Charles Darwin e foi asignado como o seu servente persoal en 1833, continuando ao servizo de Darwin despois da viaxe ata 1839. Chamado orixinalmente Simon Covington, naceu en Bedford, Bedfordshire, Inglaterra, fillo máis novo de Simon Covington V e Elizabeth Brown. Despois da viaxe de Covington no Beagle, emigrou a Australia e estableceuse como xefe de correos, casando alí con Eliza Twyford.[1]
Viaxe do Beagle
[editar | editar a fonte]Cando tiña 15 anos, Syms Covington converteuse en "violinista e mozo da cabina de popa" na segunda viaxe do HMS Beagle,[2] barco que saíu de Inglaterra o 27 de decembro de 1831 baixo o mando do capitán Robert FitzRoy.
Covington levaba un diario da viaxe, e en setembro de 1832 en Bahía Blanca en América do Sur anotou a vida silvestre coa que se atoparon alí, incluíndo ovos de ñandú, e ósos fósiles xigantes de megaterio, que foron recollidos e enviados a Inglaterra. Non está claro se axudou a Charles Darwin neste traballo, pero o relato posterior de FitzRoy suxire que tanto Darwin coma Covington trabllaron na escavación dos fósiles,[3] e o 3 de novembro Darwin preparou roupa para que a levara Covington.[4]
O 29 de abril de 1833, Darwin e Covington baixaron a terra e establecéronse na costa en Maldonado, Uruguai, mentres que o Beagle navegou a outra parte para facer traballos de exploración.[5] Despois dunha excursión no interior que durou doce días,[6] pasaron varias semanas en Maldonado preparando as coleccións para envialas a Inglaterra. Nunha carta enviada a casa empezada a escribir o 22 de maio, Darwin dicía ao seu pai que decidira tomar a Covington como servente
"O seguinte asunto de negocios é para meu pai: ter un servente para min sería realmente unha gran incorporación para o meu confort por estas dúas razóns: actualmente, o capitán asignou un dos homes para que estea sempre comigo, pero non penso que sexa xusto sacar un mariñeiro do barco, e segundo, cando estamos no mar, estou bastante libre como para que alguén teña que atenderme. O home está de acordo en ser o meu servente, e TODOS os gastos serían de menos 60 libras por ano. Ensineille a cazar e quitarlle a pel ás aves [taxidermia], así que para o meu principal obxectivo el é moi útil.""The following business piece is to my Father: having a servant of my own would be a really great addition to my comfort,—for these two reasons; as at present, the Captain has appointed one of the men always to be with me, but I do not think it just thus to take a seaman out of the ship;—and 2nd when at sea, I am rather badly off for anyone to wait on me. The man is willing to be my servant, & ALL the expences would be under £60 per annum. I have taught him to shoot & skin birds, so that in my main object he is very useful."[6]
El estivera pensando sobre isto durante algún tempo, pero non consultara aínda co capitán. Nunha engadido a estsa carta, datada o 6 de xullo, Darwin anunciou que FitzRoy estaba de acordo, e había un aforro inesperado:
"Preguntáralle ao capitán e obtivera o seu consentimento respecto a un servente, pero el aforroume moitos gastos ao poñelo nos libros como provisións, e escribirá ao Almirantado para pedir permiso. Así que non será máis de 30 libras por ano. Agora farei unha boa colección de aves e cuadrúpedes, que antes me levaba moito máis tempo. Conseguimos aquí 80 aves e 20 cuadrúpedes.""I have asked the Captain & obtained his consent respecting a servant,—but he has saved me much expence by keeping him on the books for victuals, & will write to the Admiralty for permission. So that it will not be much more than £30 per annum. I shall now make a fine collection in birds & quadrupeds, which before took up far too much time. We here got 80 birds and 20 quadrupeds."[6]
Ademais de traballar como servente e amanuense xeral, e escribir os rexistros das investigacións de Darwin, Covington converteuse no axudante de Darwin como colector, cazador e taxidermista. Ademais das súas funcións, Covington levaba un diario persoal sobre as súas impresións da viaxe. O seu diario inclúe o relato de cousas que van desde as tarefas diarias mundanas ata impresións sobre as terras e persoas que encontraban, e proporciona unha perspectiva alternativa ao suplemento ao Journal and Remarks de Darwin, mellor coñecido como The Voyage of the Beagle.
Retorno, traballo para Darwin e emigración
[editar | editar a fonte]Unha vez que o Beagle tornou a Inglatera en 1836, Covington converteuse no servente de Darwin e continuou cos seus deberes como amanuense xeral. A súa propia colección de espécimes de aves era de valor incalculable para establecer as relacións dos pimpíns de Darwin con cada unha das illas Galápagos porque, a diferenza de Darwin, el tivera coidado de etiquetar onde recollera cada espécime.
Covington seguiu ao servizo de Darwin ata o 25 de febreiro de 1839.[1] Despois decidiu emigrar, e Darwin deulle unha carta de referencias persoal datada o 29 de maio de 1839.[7]
Vida en Australia
[editar | editar a fonte]Os rexistros indican que Covington desembarcou en Sidney en 1840, casou con Eliza Twyford que vivía en Stroud, unha pequena vila do norte de Nova Gales do Sur. Eliza Twyford procedía de Londres e viaxara a Australia coa súa familia en 1832 no barco Princess Royal como colono libre. Covington puido recorrer ás súas conexións navais para encontrar traballo, e en 1843 estaba traballando no depósito de carbón de Sidney da Australian Agricultural Company. Arredor de 1844 a familia, cos seus primeiros dous fillos, aceptou a invitación do capitán Lloyd e trasladouse á propiedade da costa sur en Pambula, que Lloyd recibira en lugar dunha pension da Royal Navy.[7]
Covington continuou tendo correspondencia con Darwin, quen lle enviou como agasallo unha trompetiña nova para o oído para a xordeira en aumento que viña padecendo Covington.[8] A súa xordeira puido ser o resultado dos fortes estoupidos das escopetas usadas para recoller espécimes.[9] En resposta a unha petición de espécimes australianos de Darwin, Covington e o seu fillo máis vello recolleron gran canidade de percebes na veciña Twofold Bay. A carta de Darwin do 23 de novembro de 1850 expresaba a súa alegría por recibir unha caixa con espécimes, que incluían especies moi pouco comúns. Isto contribuíu aos amplos estudos sobre percebes que lle deron a Darwin unha boa reputación como biólogo.[7][10]
Covington converteuse en xefe de correos de Pambula en 1854, e rexentaba unha pousada chamada a Forest Oak Inn construída na estrada da costa sobre a chaira aluvial onde o primeiro municipio de Pambula fora repetidamente danado por cheas do río.[7] A súa pousada orixinal obtivo licenza en 1855, e o edificio que aínda está en pé construíuse no mesmo sitio aproximadamente un ano despois.[11] En 1848 el e a súa muller tiñan xa oito fillos,[12] dos cales seis eran nenos e dúas nenas.[13] En 1861 Covington morreu de "parálise" con só 47 anos de idade.[7] A súa viúva seguiu rexentando a pousada, e posteriormente fíxoo o seu segundo marido Llewelyn Heaven. A licenza foi adquirida por John Behl arredor de 1864, e o edificio pasou a chamarse The Retreat en 1895.[11] Foi usado como consulta médica e máis recentemente como restaurante tai, e o seu tellado de estaño vermello e chemineas dobres poden aínda verse nunha curva pechada da estrada principal da costa.[7]
Legado
[editar | editar a fonte]Libros que tratan de Covington
[editar | editar a fonte]"The Journal of Syms Covington, Assistant to Charles Darwin Esq." foi discutido por Jonathan Hodge e Gregory Radick en The Cambridge Companion to Darwin.
En 1998 o autor australiano Roger McDonald publicou unha novela baseada na vida de Syms Covington ao seu traballo para Darwin, titulada Mr Darwin's Shooter.
O libro para nenos Darwin's Dragons de Lindsay Galvin nárrase desde a perspectiva ficcionalizada de Syms Covington.
Representado nunha película
[editar | editar a fonte]Covington foi representado por Sam Downes na película de 2009 The Voyage that Shook the World.
Conmemoración
[editar | editar a fonte]En novembro de 2023 anunciouse que Syms Covington era unha das 14 persoas, lugares e eventos conmemorados na segunda rolda de colocación de placas azuis patrocinadas polo Goberno de Nova Gales do Sur.[14][15]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Keynes 2001, p. 449.
- ↑ En xullo de 1832 Darwin copiou unha lista de quendas onde aparecía a tripulación e os seus postos, Keynes 2001, p. 84.
- ↑ "The Journal of Syms Covington – Chapter Three". Arquivado dende o orixinal o 2003-05-11. Consultado o 13 de xullo de 2008.
- ↑ Keynes 2001, p. 179, Barlow 1945, p. 169.
- ↑ Keynes 2001, p. 152, "The Journal of Syms Covington – Chapter Four". Consultado o 18 de xullo de 2008.
- 1 2 3 Barlow 1945, pp. 85–88.
- 1 2 3 4 5 6 "The Journal of Syms Covington – Chapter Eight". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2008. Consultado o 20 de xullo de 2008.
- ↑ "Darwin Correspondence Project – Letter 700 – Darwin, C. R. to Covington, Syms, 7 outubro de 1843". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2008.
- ↑ Lang, Harry G.; Santiago-Blay, Jorge A. (2012). "Contributions of deaf people to entomology: A hidden legacy". Terrestrial Arthropod Reviews 5 (3–4): 223–268. ISSN 1874-9828. doi:10.1163/18749836-05031052.
- ↑ "Darwin Correspondence Project – Letter 1370 – Darwin, C. R. to Covington, Syms, 23 de novembro de 1850". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2008.
- 1 2 Angela George; Pat Raymond (2006). "Discover Pambala, Walk in the Pioneers' Footsteps" (PDF). Pambula Area Progress and Planning Association Inc. Consultado o 21 de xullo de 2008.[Ligazón morta]
- ↑ "Darwin Correspondence Project – Letter 2276 – Darwin, C. R. to Covington, Syms, 18 May [1858]". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2008.
- ↑ Freeman, R. B. (2007). "Charles Darwin: A companion". The Charles Darwin Trust. p. 61. Consultado o 20 de xullo de 2008.
- ↑ Power, Julie (2023-11-19). "The 'clever girl' who helped build the Harbour Bridge". The Sydney Morning Herald (en inglés). Consultado o 2023-11-21.
- ↑ Plaques, Blue (2023-11-20). "New round of Blue Plaques recognises the stories of NSW". Blue Plaques (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2025. Consultado o 2023-11-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Darwin, Charles (1945 (orixinal: 1832)). Barlow, Nora, ed. . Charles Darwin and the voyage of the Beagle. Londres: Pilot Press..
- Desmond, Adrian; Moore, James (1991). Darwin. Londres: Michael Joseph, Penguin Group. ISBN 0-7181-3430-3.
- Darwin, Charles (2001). Keynes, Richard, ed. Charles Darwin's Beagle Diary. Cambridge: Cambridge University Press..
- Keynes, R. D., ed. (2001). Charles Darwin's Beagle diary. Cambridge: Cambridge University Press.