Saltar ao contido

Terrance Drew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTerrance Drew

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Saint Kitts e Nevis Editar o valor en Wikidata
Minister of Health (en) Traducir
13 de agosto de 2022 –
← Akilah Byron-Nisbett (en) Traducir
Primeiro ministro de Saint Kitts e Nevis
6 de agosto de 2022 –
← Timothy Harris (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónPaul L. Foster School of Medicine (en) Traducir
Universidad de Ciencias Médicas de Villa Clara (en) Traducir
Texas Tech University Health Sciences Center (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Laborista de Saint Kitts e Nevis Editar o valor en Wikidata

Facebook: drterrancedrew Twitter: terrance_drew Editar o valor en Wikidata

Terrance Michael Drew, nado en San Cristovo-Nevis-Anguila (hoxe Saint Kitts e Nevis) o 22 de novembro de 1976, é un médico e político de Saint Kitts e Nevis, que exerce como cuarto e actual primeiro ministro do seu país desde 2022 e como líder do Partido Laborista desde 2021.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduouse no Clarence Fitzroy Bryant College en 1996 e dende os 19 anos traballou como profesor a tempo parcial no instituto de Basseterre. En 1998 foi a Cuba para estudar Medicina e graduouse na Universidade de Ciencias Médicas de Villa Clara en Santa Clara. Posteriormente regresou a Saint Kitts para traballar como médico xeral.[1][2] En 2010 mudouse a El Paso para completar a súa residencia en medicina interna e graduouse no Centro de Ciencias da Saúde da Universidade Texas Tech en 2013.[3]

Disputou sen éxito a circunscrición número 8 polo Partido Laborista nas eleccións de 2015 e 2020, perdendo fronte a Eugene Hamilton, do Movemento de Acción Popular.

Foi elixido líder do Partido Laborista o 28 de novembro de 2021 nas eleccións á dirección celebradas na conferencia do partido, onde obtivo o 45 % dos votos emitidos.[4][2]

Nas eleccións xerais anticipadas celebradas o 5 de agosto de 2022, foi elixido membro do parlamento pola circunscrición número 8 e liderou o Partido Laborista para gañar unha maioría con seis dos once escanos no parlamento.[5] Xurou oficialmente o cargo o 15 de agosto de 2022,[6] con Drew á fronte do goberno como primeiro ministro e ostentando as carteiras de Ministro de Facenda, Seguridade Nacional, Cidadanía e Inmigración, Sanidade e Xestión de Recursos Humanos e Seguridade Social.[7] Tamén é membro do Consello Monetario do Banco Central do Caribe Oriental.[8]

En 2023, tras a coroación do rei Carlos III, Drew declarou que o seu goberno realizaría unha consulta pública sobre o movemento republicano.[9]

  1. ↑ "Dr Terrance Drew's nomination brings him a step closer in higher service of St Christopher 8" (en inglés). 28 de maio de 2020. Consultado o 18 de abril de 2026.
  2. 1 2 "Who am I". drterrancedrew.com (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2026.
  3. ↑ "Terrance M Drew". abim.org (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2026.[Ligazón morta]
  4. ↑ "Dr. Drew Elected New Leader Of SKNLP" (en inglés). 29 de novembro de 2021. Consultado o 18 de abril de 2026.
  5. ↑ "SKN federal election results". sknvibes.com. Consultado o 18 de abril de 2026.
  6. ↑ "New SKN Labour Party Cabinet Sworn-In" (en inglés). 15 de agosto de 2022. Consultado o 18 de abril de 2026.
  7. ↑ "Hon. Dr. Terrance Michael Drew". Government of Saint Kitts and Nevis.
  8. ↑ "Communiqué of the 108th Meeting of the Monetary Council of the Eastern Caribbean Central Bank" (en inglés). 22 de xullo de 2024. Consultado o 18 de abril de 2026.
  9. ↑ "St Kitts and Nevis is not totally free under King Charles III, says PM" (en inglés). 8 de maio de 2023. Consultado o 18 de abril de 2026.