Saltar ao contido

Thrymsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thrymsa
 Instancia de
Características
 Material / ingrediente
ouro (Au) Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Thrymsa anglosaxoa (ca. 650-675 )
Thrymna. AU. Peso 1,27 g. Diámetro: 12,5 mm.[1]

A thrymsa (inglés antigo: þrymsa) foi unha moeda de ouro cuñada na Inglaterra anglosaxoa no século VII.[2][3]

Na súa orixe era unha copia dos tremissis dos merovinxios e das moedas romanas anteriores cun alto contido de ouro, mais a súa continua degradación entre os anos 630 e 650 reduciu o contido en ouro da súa aliaxe ata o punto de que despois de 655 a porcentaxe deste metal era inferior ao 35 %. A thrymsa deixou de cuñarse cara ao ano 675 e poi substituída pola sceat de prata.

Vitoria (
Thrymsa cuñada ca. 655 - 675, cunha representación da Vitoria abrazando dúas cabezas.

As primeiras thrymsas cuñáronse en Inglaterra na década de 630 nas cecas de Canterbury e de Londres, e quizais tamén na de Winchester. Charles Arnold-Baker suxire que o impulso para a creación desta moeda foi o aumento do comercio logo do matrimonio entre Aethelberht de Kent e Berta, unha filla do rei franco Cariberto I.[4]

Esta moeda contiña orixinariamente entre un 40 % e un 70 % de ouro, mais a progresiva degradación da aliaxe fixo que os exemplares cuñados con posterioridade a 655 non superasen o 35 % deste metal. As moedas de ouro deixaron de cuñarse por completo cara ao ano 675, tras o cal comezaron a cuñarse no canto delas as sceattas de prata..[5]

O termo "thrymsa" utilízase tamén nos textos anglosaxóns posteriores para se refereir a un valor de catro peniques de prata.[6]

Os numismáticos actuais coñecen as thrymsas a partir de achados de varios tesouros, sinaladamente o tesouro de Crondall, atopado en 1828.[7] Nun buque afundido en Sutton Hoo, que data de principios do século VII, atopáronse 37 tremissis merovinxios, mais ningunha moeda anglosaxoa.[8] Pola contra, o tesouro de Crondall, datado despois do ano 630, contiña 101 moedas de ouro, das cales 69 eran anglosaxoas e 24 merovinxias ou francas.[9]

Tipoloxía

[editar | editar a fonte]

As primeiras thrymsas eran imitacións dos tremissis merovinxiosou de moedas de ouro romanas anteriores.[5] Pesaban entre 1 e 3 gramos e tiñan un diámetro aproximado de 13 milímetros.[10]

No entanto, as thrymsas posteriores presentaban xa deseños máis variados, con bustos, cruces e outros obxectos como liras e estandartes lexionarios romanos. Tamén é habitual a aparición de inscricións, que ás veces se amosan en lingua latina e outras en runas anglosaxoas.[5]

  1. ↑ "Unique ID: WILT-DEDC91 Arquivado 01 de agosto de 2022 en Wayback Machine.". Portable Antiquities Scheme.
  2. ↑ "Thrymsa". En Frey, A. R. (1916). Páxina 241.
  3. ↑ "Thrymsa Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.". En Martinori, E. (1915). Páxina 526.
  4. ↑ Arnold-Baker, C. (2015). Páxina 744.
  5. 1 2 3 Skingley, P. ed. (2014). Páxinas 84-86.
  6. ↑ Grierson, P.; Blackburn, M. (2007). Páxina 157.
  7. ↑ Davies, G. (2010). Páxina 122.
  8. ↑ Campbell, J. (2004).
  9. ↑ Grierson, P.; Blackburn, M. (2007). Páxina 161.
  10. ↑ Page, R. I (1973). Páxina 122.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]