Tim Harford
(2012) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de setembro de 1973 Inglaterra |
| Residencia | Oxford |
| Educación | Brasenose College - Filosofía, Política e Economía Aylesbury Grammar School |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Economía, xornalismo, literatura de divulgación científica e produción de televisión |
| Ocupación | economista, escritor, xornalista, presentador de televisión |
| Empregador | British Broadcasting Corporation Corporación Financeira Internacional Financial Times Organización das Nacións Unidas |
| Membro de | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| |
| Sitio web | timharford.com |
Tim Harford, nado en 1973 [1], é un escritor e xornalista inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Económicas pola Universidade de Oxford é autor de varios libros de economía. É membro do consello de redacción do Financial Times, onde escribe dúas columnas [2]: na primeira delas, The Undercover Economist, tenta explica-las bases económicas que se agochan tralas experiencias cotiás e na segunda delas, Dear Economist, tenta resolve-los problemas persoais dos seus lectores a partir das teorías económicas máis recentes.
Foi presentador da serie da BBC Trust me, I'm an Economist e na actualidade presenta o programa de radio da mesma canle, More or Less. A súa primeira obra, The Undercover Economist, foi traducida a máis de trinta linguas e vendeu preto dun millón de copias en todo o mundo [2]. En 2006 recibiu o Premio Bastiat á mellor labor en xornalismo económico.
Obra
[editar | editar a fonte]- The Market for Aid (2005) con Michael Klein
- The Undercover Economist (2005)
- The Logic of Life (2008)
- Dear Uncover Economist: Priceless Advice on Money, Work, Sex, Kids and Life´s Other Challenges (2009)
- Adapt: Why Success Always Starts with Failure (2011)