Os Titan II SLV eran mísilesTitan II modificados como lanzadores orbitais non tripulados, de maneira similar a como os Titan II GLV o foron para o programa Gemini. A principal diferenza era que os Titan II SLV eran realmente mísiles Titan II postos fóra de servizo e reconvertidos a lanzadores orbitais sen os sistemas de seguridade e redundantes usados no programa tripulado. Segundo a versión podían poñer ata 3175 kg en órbita baixa terrestre. As versións diferenciábanse na clase de etapa final utilizada en cada foguete:[1][2][3][4]
Titan II SLV: a versión orixinal non utilizaba unha terceira etapa.
Titan II SLV Star-37/XFP-ISS: usaba como última etapa un foguete de propelente sólidoStar-37/XFP-ISS.
Titan II SLV Star-37/ISS: usaba como última etapa un foguete de propelente sólido Star-37/ISS.
Lanzáronse 13 foguetes Titan II SLV en total, todos con éxito salvo un.[1][2][3][4]