Saltar ao contido

Väinameri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Väinameri
Vista aérea
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 País
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Profundidade
   5 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF241895069 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Pequenos illotes no Väinameri.

O Väinameri —literalmente, «mar dos Estreitos»— é un corpo de auga situado no mar Báltico, que separa entre si as illas do arquipélago Moonsund e tamén estas do continente. Pertence a Estonia.[1][2]

É unha área mariña pouco profunda, cunha superficie aproximada de 2 200 km², delimitada polas illas occidentais de Estonia —Saaremaa, Hiiumaa, Muhu e Vormsi— e pola Estonia continental.[3]

O Väinameri caracterízase por unha rede de estreitos, canles pouco profundas, baías semipechadas e numerosas illas pequenas. Entre os principais estreitos da zona atópanse o Voosi kurk, o Hari kurk, o estreito de Soela, o Väike väin e o Suur väin.

Entre 1894 e 1896 construíuse unha estrada de 3,6 km de lonxitude entre Saaremaa e Muhu, que cruza o estreito de Väike väin.

A zona ten importancia ecolóxica polos seus hábitats costeiros, pradarías submarinas, aves migratorias e ecosistemas protexidos, moitos deles integrados na Rede Natura 2000.[4]

  1. ↑ "The Väinameri Sea". Estonica. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2010. Consultado o 8 de xuño de 2026.
  2. ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 3 de decembro de 2013. Consultado o 14 de agosto de 2012.
  3. ↑ "Sediment colours the shallow waters of Estonia’s Väinameri Sea". EU Space Policy / Copernicus. 18 de maio de 2026. Consultado o 8 de xuño de 2026.
  4. ↑ "Sediment colours the shallow waters of Estonia’s Väinameri Sea". EU Space Policy / Copernicus. 18 de maio de 2026. Consultado o 8 de xuño de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]