Vaca Films
Aparencia
Vaca Films é unha produtora cinematográfica e audiovisual galega con sede na Coruña. Foi fundada en 2003 por Emma Lustres e Borja Pena[1][2] e está especializada na produción de longametraxes e series de ficción.
Entre as súas películas máis destacadas figuran Celda 211 (2009), dirixida por Daniel Monzón e gañadora de oito premios Goya; Cien años de perdón (2016), de Daniel Calparsoro; e Quien a hierro mata (2019), de Paco Plaza.
A compañía tamén produce series de televisión e contidos para plataformas dixitais. Neste ámbito destacan El desorden que dejas (2020) e Clanes (2024), distribuídas por Netflix.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Quiénes Somos – Vaca Films". www.vacafilms.com (en castelán).
- ↑ "La productora de cine Emma Lustres llena de sueños el club Gallegos del Año". www.elcorreogallego.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2020. Consultado o 24 de outubro de 2026.