Marussia Virgin Racing, o nome comercial de Virgin Racing Limited, é un equipo ruso de carreiras de Fórmula Un con base no Reino Unido e cunha licenza rusa, que fixo o seu debut na tempada de Fórmula Un de 2010, sendo os seus pilotos o alemán Timo Glock e o debutante belga Jérôme d'Ambrosio.
Fundada inicialmente como Manor Grand Prix, Virgin mercou un 80% das accións do equipo e lle mudou o nome, o 12 de xuño de 2009, aparece como un dos catro novos equipos seleccionados para competir na a tempada 2010.
O 30 de novembro de 2009, a FIA publicou unha lista revisada de entrada que indicaba o nome do equipo como Virgin Racing. O Virgin Group de Richard Branson é o patrocinador principal do equipo, que foi presentado o 15 de decembro de 2009.
O 11 de novembro de 2010, anunciouse que Marussia tomara unha participación de control no equipo que se chamará Marussia Virgin Racing a partir de 2011.
En febreiro de 2011, anunciouse ademais que o equipo podería competir baixo unha licenza de competición Rusa, converténdose no segundo equipo ruso no deporte logo de Midland. En novembro de 2011, o equipo solicitou formalmente á Comisión de Fórmula Un para cambiar o seu nome polo de Racing Marussia para a tempada 2012.