Wheatus é un grupo de rock de orixe neoiorquina. Son especialmente coñecidos polo seu sinxelo "Teenage Dirtbag" incluído na película Loser do mesmo ano 2000.
Wheatus empezou como un grupo de xente ensaiando e conseguindo apenas contratos para tocar en festas. Orixinalmente formada por Brendan Brown, o seu irmán Peter Brown e os seus amigos Rich Liegey e Philip. A. Jiménez., a banda sacou o seu primeiro álbum de estudio homónimo no ano 2000. Foi entón cando o cantante Brendan Brown conseguiu tocar no Hard Rock Cafe, transmitido pola MTV, e posteriormente participar noutros programas desta canle, os cales marcaron profundamente a banda.