Without a Paddle
| Without a Paddle | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
Without a Paddle é un filme estadounidense de 2004 dirixido por Steven Brill, escrito por Jay Leggett e Mitch Rouse, e baseado na historia orixinal de Harris Goldberg, Tom Nursall e Fred Wolf. Está protagonizado por Seth Green, Matthew Lillard, Dax Shepard, Ethan Suplee, Abraham Benrubi, Rachel Blanchard, Christina Moore, Bonnie Somerville, Ray Baker e Burt Reynolds. Conta a historia de tres amigos da infancia reunidos que van de viaxe por un río remoto para buscar o botín do paracaidista D. B. Cooper. Tivo unha secuela, titulada Without a Paddle: Nature's Calling, que se estreou en formato de vídeo de consumo caseiro en xaneiro de 2009.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Seth Green como Dan Mott
- Jarred Rumbold como Dan de neno
- Matthew Lillard como Jerry Conlaine
- Andrew Hampton como Jerry de neno
- Dax Shepard como Tom Marshall
- Matthew Price como Tom de neno
- Burt Reynolds como Del Knox
- Bonnie Somerville como Denise
- Ethan Suplee como Elwood
- Ray Baker como Hank Briggs
- Abraham Benrubi como Dennis
- Rachel Blanchard como Flower
- Christina Moore como Butterfly
- Antony Starr como Billy Newwood
- Carl Snell como Billy de neno
- Scott Adsit como Greasy man
- Danielle Cormack como Toni
- Bart the Bear 2 como oso grizzly
- Frank Welker como efectos vocais do oso
Acollida
[editar | editar a fonte]Recadación
[editar | editar a fonte]Without a Paddle quedou segundo na súa primeira fin de semana por detrás de Exorcist: The Beginning, conseguindo 13 528 946 dólares. Recadou finalmente 58 169 327 dólares en América do Norte e 14 859 863 dólares internacionalmente, sumando un total de 73 029 190 dólares.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Without A Paddle (2004)". Box Office Mojo. Consultado o 1 de setembro de 2009.