Saltar ao contido

Condado de Fermanagh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Condado de Fermanagh
 Nome orixinal
    Fear Manach (ga) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Historia
 Substitúe
Fermanagh (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   61.805 Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   1.691 km² Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC±00:00 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap1118085 Editar o valor en Wikidata
VIAF157133384 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01rnz Editar o valor en Wikidata
 Código do catálogo
Wikidata C:Commons

O condado de Fermanagh (en gaélico irlandés Fear Manach)[1] é un dos seis condados de Irlanda que forman parte de Irlanda do Norte e un dos nove condados que forman a provincia tradicional do Ulster.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Fermanagh procede do irlandés Fir Manach, que significa «os homes de Manach», en referencia a un antigo pobo que habitaba a rexión.[1][2]

Historia e xeografía

[editar | editar a fonte]

A súa capital histórica é Enniskillen. Durante o conflito de Irlanda do Norte, o condado foi escenario de diversos episodios de violencia. O 8 de novembro de 1987, un atentado con bomba do IRA Provisional en Enniskillen causou unha ducia de mortes e máis de sesenta feridos.[3]

Desde a reorganización administrativa de 2015, o territorio do condado forma parte do distrito de Fermanagh e Omagh.

Xeografía física

[editar | editar a fonte]

Ser, é a parte máis occidental do conxunto do Reino Unido e limita cos condados de Tyrone dentro de Irlanda do Norte polo nordeste, e cos condados da República de Irlanda de Donegal polo noroeste, Leitrim polo suroeste, Monaghan polo sueste e Cavan polo sur.[4]

A paisaxe caracterízase pola abundancia de lagos e cursos de auga, especialmente o lago Erne, dividido en dúas grandes masas de auga comunicadas polo río Erne.[1]

Entre os seus espazos naturais destacan as covas de Marble Arch, integradas no xeoparque Cuilcagh Lakelands, recoñecido pola UNESCO.[5]

  1. 1 2 3 "County Fermanagh (Fear Manach) — History & Clans". MyIreland.ie (en inglés). Consultado o 2026-10-25.
  2. ↑ "Useful Information". PlacenamesNI (en inglés).
  3. ↑ "Families mark 35th anniversary of Enniskillen bombing". RTÉ News (en inglés). 2022-11-08. Consultado o 2026-10-25.
  4. ↑ "Your Council". Fermanagh & Omagh District Council (en inglés). Consultado o 2026-10-25.
  5. ↑ "Cuilcagh Lakelands Geopark". Fermanagh & Omagh District Council (en inglés). Consultado o 2026-10-25.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.