Saltar ao contido

Distrito de Kaberamaido

Distrito de Kaberamaido
 Instancia de
 Epónimo
Características
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
215.026 (2014) censo
140.986 (2024) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   1.788,5 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.080 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap3497364 Editar o valor en Wikidata
VIAF170042675 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05wv2v Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata

O distrito de Kaberamaido é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Kaberamaido.

Limita co distrito de Alebtong polo norte, co distrito de Amuria polo nordeste, co distrito de Soroti polo leste, co distrito de Serere polo sueste, co distrito de Buyende polo sur, co distrito de Amolatar polo suroeste e co distrito de Dokolo polo noroeste.

Datos xeográficos:

  • Área total: 1.644 km2
  • Área de terras: 1.210 km2 (73.6%)
  • Área de bosque: 22 km2 (1.3%)
  • Área de auga: 269 km2 (16.4%)
  • Área de braña (zona húmida): 143 km2 (8.7%)

No ano 2002 tiña unha estimación de poboación de aproximadamente 131.700 habitantes. Forma parte da subrexión Teso e é a área principal do pobo kumam, ao que pertence a maioría da poboación, no 2008, 99.738 persoas (74,7% da poboación). Os iteso son o seguinte grupo étnico máis numeroso do distrito, 27.317 persoas no 2008 (20,5%). Estes dous pobos empregan as linguas kumam e ateso respectivamente, linguas pertencentes á familia nilótica. Os langi con 4.617 individuos (3,5%) son o seguinte grupo étnico en número. Os outros grupos que se poden atopar neste distrito constitúen menos do 1% da poboación do distrito, como son os acholi, bagwere, bakenyi, baruli, mening, basoga, baganda e alur.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]