Segundo o censo do ano 2002, Kayunga tiña unha poboación total de 297.081 habitantes, cunha alta porcentaxe (93,7%) vivindo no rural.
A agricultura é o piar principal da actividade económica do lugar, que emprega ao 90% da poboación.
En setembro de 2009, Kayunga quixo separarse do reino tradicional de Buganda, co que o rei de Buganda intentou visitar a zona, mais o goberno de Uganda prohibiullo, provocando revoltas en Kampala.[1] Nos sucesos morreron un total de trinta persoas.