Saltar ao contido

Lepus timidus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lepus timidus
 Nome taxon
    Lepus timidus
 Nome curto
    L. timidus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Ciclo diurno
 Hábitat
 Categoría taxonómica
 Caracterizado por
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeLagomorpha
FamiliaLeporidae
XéneroLepus
EspecieLepus timidus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Lepus timidus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración máxima da vida
   18 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
   50 d Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
TasteAtlasmountain-hare Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01qlqh Editar o valor en Wikidata
ITIS180113 Editar o valor en Wikidata
OTT167565 Editar o valor en Wikidata
UICN11791 Editar o valor en Wikidata
CoL6PPQ3 Editar o valor en Wikidata
EOL133022 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Lebre de montaña con pelaxe invernal

Lepus timidus, coñecida vulgarmente como lebre de montaña ou lebre de Eurasiao, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos pertencente ao xénero Lepus, encadrada no subxénero Lepus.

Características

[editar | editar a fonte]

En verán, en todas as poboacións de lebres de montaña (ao igual que as outras dúas do subxénero), a pelaxe pasa a presentar distintos tons apardazados. Para prepararse para o inverno moitos individuos cambian a súa pelaxe, que se volve branca (ou maioritariamente branca).

Os máis dos individuos da subespecie Lepus timidus hibernicus (lebre de montaña irlandesa) permanecen con plaxe marrón todo o ano, e raramente a cambian para volvela branca. Esta subespecie tamén pode ter a cola dun ton escuro ou gris, mentres que nas lebres pardas ou lebres comúns europeas (Lepus europaeus), é branca.

A cor da cola combinada co seu gran tamaño (en comparación coa maior parte das outras poboacións de lebres de montaña) e as variedades marrón que pode presentar a versión irlandesa, pode levar a quen as observe a confundir a lebre de montaña coa lebre parda (Lepus europaeus).

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

É unha lebre que se ha adaptou aos ecosistemas polares e montañosos.[1]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Habita na zona comprendida entre Fenoscandia (termo xeográfico e xeolóxico utilizado para describir o conxunto da península Escandinava, a península de Kola, Carelia e Finlandia),[2] até o leste de Siberia; ademais, existen poboacións illadas nos Alpes, en Irlanda, en Polonia, no Reino Unido e en Hokkaidō. Foi introducida polo home nas illas Shetland e nas Feroe.[3]

Estudos demostraron que a dieta das lebres de montaña varía segundo a rexión en que habitan, parecen dependeren do hábitat particular en que vive a subespecie analizada. Por exemplo, ao norte de Escandinavia, onde a neve cobre todo o solo durante varios meses, as lebres consomen ramas caídas das árbores. En lugares máis cálidos, como en Irlanda, a herba pode ser un dos principais alimentos. De poder elixir, estas lebres parecen prefrir a herba, principalmente en Escocia e Irlanda.

No norte de Finlandia e de Suecia, esta lebre e a europea compiten polo aproveitamento do hábitat. A europea, por ser máis grande, adoita expulsar á lebre de montaña, pero está menos adaptada aos climas fríos: as súas patas son de menor tamaño, e a pelaxe invernal é unha camuflaxe moi boa nas rexións costeiras de Finlandia onde a neve cobre a costa durante un curto período.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por Linneo en 1758,[3][4] na páxina 57 do volume 1º do seu Systema Naturae.[3]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñcense dentro da especie as subespecies seguintes:[3][4]

  • Lepus timidus ainu Barrett-Hamilton, 1900
  • Lepus timidus begitschevi Koljuschev, 1936
  • Lepus timidus gichiganus J. Allen, 1903
  • Lepus timidus hibernicus Bell, 1837
  • Lepus timidus kamtschaticus Dybowski, 1922
  • Lepus timidus kolymensis Ognev, 1923
  • Lepus timidus kozhevnikovi Ognev, 1929
  • Lepus timidus lugubris Kastschenko, 1899
  • Lepus timidus mordeni Goodwin, 1933
  • Lepus timidus orii Kuroda, 1928
  • Lepus timidus scoticus Hilzheimer, 1906
  • Lepus timidus sibiricorum Johanssen, 1923
  • Lepus timidus timidus Linnaeus, 1758
  • Lepus timidus transbaicalicus Ognev, 1929
  • Lepus timidus varronis Miller, 1901

Notas taxonómicas

[editar | editar a fonte]

A lebre ártica (Lepus arcticus) adoitaba ser considerada como unha subespecie da lebre de montaña, pero actualmente considéranse como dúas especies separadas. Algúns científicos tamén pensan que a lebre irlandesa (Lepus timidus hibernicus) podería considerarse como outra especie independente.[Cómpre referencia]

  1. ↑ "Fauna Ibérica, Mammalia - Lagomorpha". Fauna ibérica. Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
  2. ↑ "Fennoscandia". Yourdictionary (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 Lepus (Lepus) timidus Linnaeus, 1758 no MSW.
  4. 1 2 Lepus timidus Linnaeus, 1758 no ITIS.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]