Saltar ao contido

Pokémon Channel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon Channel
 Título
    ポケモンチャンネル ~ピカチュウといっしょ!~ (ja) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Modo de xogo
 Franquía de medios
 Lingua
 Plataforma
Implicados
 Desenvolvedor/a
Ambrella (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Editorial
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
18 de xullo de 2003 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0299lx Editar o valor en Wikidata
Clasificación
USK
IMDB: tt1959510 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Pokémon Channel, estreado no Xapón como Pokémon Channel ~Together with Pikachu!~ (ポケモンチャンネル ~ピカチュウといっしょ!~ Pokemon Channeru ~Pikachū to Issho!~?) é un videoxogo de 2003 da serie de Pokémon desenvolvido por Ambrella para a consola GameCube. Foi publicado por The Pokémon Company e distribuído por Nintendo. O obxectivo do xogador é axudar ó Profesor Oak a mellorar e promover a súa nova canle de televisión que presenta cun Pikachu. O xogo contén elementos dos xéneros de aventura,[1] mascota dixital[2] e simulación.[3] O xogador pode explorar escenarios 3D, que Pikachu converse con outros Pokémon e recoller varios obxectos.

O xogo foi desenvolvido axiña como unha secuela do título de Nintendo 64 Hey You, Pikachu!, e para promover o accesorio Nintendo e-Reader. Emprega efectos de texturas 3D. Foi presentado en Electronic Entertainment Expo (E3) de 2003 e en diferentes eventos nos meses seguintes en Sapporo, Hokkaido, no Xapón. Lanzouse o 18 de xullo de 2003 no Xapón, o 1 de decembro en América do Norte e o 2 de abril de 2004 en Europa. No Xapón, o xogo vendeu 66 373 copias no seu primeiro ano. Recibiu valoracións dispares, criticando o seu baixo nivel de interactividade e os repetitivos efectos de son, aínda que os aspectos de colección e visuais foron mellor recibidos.

  1. ↑ Torres, Ricardo. "Pokemon Channel Review: If you ever thought it would be cool to hang out with Pikachu, think again.". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
  2. ↑ Irwin, Mary Jane (4 de decembro de 2003). "Pokemon Channel: Watch TV thanks to your GameCube.". IGN. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
  3. ↑ Leeper, Justin (xaneiro de 2004). "Should You Touch That Dial?". Game Informer (129): 141.