Pokémon Yellow é basicamente unha versión mellorada dos videoxogos de Game Boy Pokémon Red e Blue.[1] As diferenzas respecto a Red e Blue son os Pokémon que se poden capturar, a maior dificultade cos líderes de ximnasio, a cova onde aparece o Pokémon lendario Mewtwo e o xogo ten lixeiras melloras gráficas, mesmo cando se xoga son notables, así como novos sprites das criaturas nas batallas. O primeiro Pokémon é Pikachu e o xogador non ten opción a elixir outro como sucede en Red e Blue. Aínda que Pikachu non pode evolucionar na Edición Amarela, se é transferido a outra edición (ou mesmo a outro cartucho de Pokémon Yellow), pode evolucionar.[2] Bulbasaur, Squirtle e Charmander poden obterse en Pokémon Yellow, e o adversario terá un Eevee que evolucionará segundo como o noso personaxe vaia na aventura. Hai algunhas referencias para fomentar a aparición dos membros do Team Rocket Jessie e James, un Chansey xunto á enfermeira dos centros Pokémon etc.
Entre outras características, hai un minixogo desbloqueábel, unha nova pantalla de inicio, non pode evolucionar Pikachu a Raichu neste xogo, porque el rexeita a pedra, segue ao adestrador e o xogador verá se está feliz ou triste, tendo elementos de Tamagotchi (mascota virtual). Este foi levado a engadir na segunda xeración (Pokémon Gold e Silver) a posibilidade dalgúns Pokémon evolucionar por felicidade.
Para os amantes das batallas, algúns Pokémon aprenden movementos novos, destacando o propio Pikachu que saberá: Raio, Pantalla Luz, Látego, Portada e Dobre Equipo, que irá aprendendo segundo aumenta o seu nivel. Mankey saberá Patada Baixa e Chirrido, Charizard poderá aprender Voo por MO e moitos outros pokémon saberán máis ataques, o que cambia lixeiramente as estratexias nas batallas. Porén, malia estes cambios o xogo ten bugs e malia o tempo transcorrido entre os seus predecesores (dous anos), algunhas cousas non foron puídas, xa que o xogo segue sendo igual de lento ca Red e Blue, e non aproveita o Super Game Boy a plenitude.
O modo multixogador tamén inclúe novidades como o novo modo de coliseo copa Pikachu e a posibilidade de desbloquear un minixogo en Praia Pikachu se se ensina Surf a Pikachu mediante o xogo Pokémon Stadium, ao sur de Cidade Fucsia.