Saltar ao contido

Psicose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Psicose
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
A noite estrelada de Van Gogh, amosa cambios de luz e cor que poden aparecer coa psicose.[1]
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Estudado por
Características
 Especialidade médica
 Tratamentos posibles
Fontes e ligazóns
Freebase/m/063yv Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001553 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779727114 e C2909614370 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A psicose[2] é un termo xenérico empregado en psiquiatría e psicanálise para referirse a un estado mental descrito como unha escisión ou perda de contacto coa realidade.[3] As persoas que experimentan psicoses poden presentar alucinacións ou delirios e poden exhibir cambios na súa personalidade e pensamento desorganizado.[4] Estes síntomas poden ser acompañados por un comportamento infrecuente ou estraño, así como por dificultade para interactuar socialmente e incapacidade para levar a cabo actividades da vida diaria.[4] O termo "psicose" é moi amplo e pode incluír dende experiencias aberrantes relativamente normais até expresións catatónicas de esquizofrenia e trastorno bipolar.[5][6][7]

Unha ampla variedade de elementos do sistema nervioso, tanto orgánicos como funcionais, poden causar unha reacción psicótica. Isto levou á crenza de que a psicose é como a «febre» das enfermidades mentais, un indicador serio pero non específico.[8][9] Porén, moitas persoas teñen experiencias infrecuentes e de distorsión da realidade nalgún momento das súas vidas, sen volverse discapacitadas ou nin sequera angustiadas por estas experiencias.

Como resultado, certa corrente de investigadores argumenta que a psicose non está fundamentalmente separada dunha conciencia normal, senón máis ben é un continuum con conciencia normal.[10] Dende esta perspectiva, as persoas que son diagnosticadas clinicamente como psicóticas poden estar a ter simplemente experiencias particularmente intensas ou angustiantes.

  1. ↑ Kelly, Evelyn B. (2001). Rosen Pub., ed. Coping with schizophrenia (1st ed.). Nova York. p. 25. ISBN 9780823928538.
  2. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para psicose.
  3. ↑ "Principales formas de entender la psicosis en psicología y psiquiatria. Disponible online en: Monografias.com". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2017. Consultado o 31 de marzo de 2017.
  4. 1 2 Freudenreich, Oliver (3 de decembro de 2012). "Differential Diagnosis of Psychotic Symptoms: Medical "Mimics"". Psychiatric Times. UBM Medica. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2017.
  5. ↑ American Psychiatric Association, 1994 The Diagnostic and Statistical Manual Revision IV (DSM-IV)
  6. ↑ Gelder, Michael G.; Mayou, Richard; Geddes, John (2005). Psychiatry. Nova York: Oxford University Press. p. 12. ISBN 978-0-19-852863-0.
  7. ↑ Yuhas, Daisy. "Throughout History, Defining Schizophrenia Has Remained a Challenge (Timeline)". Scientific American Mind (marzo de 2013). Consultado o 2 de marzo de 2013.
  8. ↑ "Toward Reformulating the Diagnosis of Schizophrenia". American Journal of Psychiatry (7). PMID 10873908. doi:10.1176/appi.ajp.157.7.1041.
  9. ↑ "Moderate psychosis caused by mumps in a child of nine years.". Laval Médical (2). PMID 14382616.
  10. ↑ "The continuity of psychotic experiences in the general population.". Clinical Psychology Review (PubMed) (8). PMID 11702510. doi:10.1016/S0272-7358(01)00103-9.